Ruta longa de Maio

16
Mar 24

O Parque Natural de Urkiola agrupa os terreos de maior altitude da Serra de Aramotz, constituíndo unha grande barreira calcaria entre as comarcas biscaíñas de Arratia, o Duranguesado e o val aravés do Aramaio, e separando as concas cantábrica e mediterránea. Se che gostan as paisaxes abruptas, éste é o teu.

E por suposto non nos limitaremos soamente ao Parque Urkiola, Oñati e Kalamua serán outros dous sitios emblemáticos do País Vasco que visitaremos.

E aquí é onde, dende o 16 ao 19 de maio, iremos o club de montaña O Carroucho. Tes toda a información aquí, así coma os prezos por se queres vir con nós. Esperamos que sexa do voso agrado y recordamos que coma sempre as prazas son limitadas.

Ruta corta de Marzo

16
Mar 24

Vimianzo pertencente a provincia de A Coruña, linda ao norte cos municipios de Camariñas e Laxe e co o océano Atlántico nun pequeno sainte. Ao este limita co municipio de Zas, ao sur co municipio de Dumbría e o embalse de A Fervenza, que o separa do municipio de Mazaricos, e ao oeste co municipio de Muxía.

Forma parte da comarca da Terra de Soneira e da Costa da Morte.

E por aquí vai ser pola que discorrerá a ruta deste mes, polo oeste do val de Vimianzo camiñando de norte a sur, aproveitando para coñecer a estrutura da poboación tradicional do val, pasando por algún dos seus núcleos e descubrindo a variedade dos seus recursos e o rico patrimonio etnográfico, histórico artístico, natural e paisaxistico.

Deixamosvos a ligazón do video de presentación e esperamos que vos animedes a participar.

Ruta corta de Febreiro e cocido

24
Feb 24

Coma todos os anos por esta época o grupo fai o seu tradicional cocido nun lugar singular. Esta vez o faremos en Pazos de Arenteiro, concretamente en Aldea Pazos.

Pero antes diso faremos unha pequena visita a un refuxio onde a flora e a fauna autóctonas conviven en armonía. Gestionado por unha asociación da que forman parte máis de 1.200 persoas, este territorio natural ubicado no concello de Beade –con parte tamén no de Leiro- é un exemplo de ecoloxismo e conservacionismo na comarca do Ribeiro: O BOSQUE RIDIMOAS.

Información Ruta corta de Xaneiro

18
Xan 24

Comezaremos o ano por terras de Sobrado dos Monxes cunha ruta sinxela pero con suficientes atractivos como para poder disfrutar dela.

Iniciamos o percorrido na Lagoa de Sobrado, camiñando por unha pista ancha entre vexetación autóctona que pouco a pouco vai deixando paso a varios prados onde pace o gando.

Este sendeiro levarános a coñecer varias aldeas do interior de Sobrado, atravesando praderías e pequenos vales fluviais, ascendendo ata a Serra do Bocelo para logo retornar a Sobrado.

Esperamos que vos animedes a participar.

Asemblea de Socios e precios de Licencias

30
Dec 23

Tras a ASEMBLEA ORDINARIA que tivo lugar o día 20 de decembro, na que se aprobaron o calendario de actividades e os prezos de licencias para o ano 2024, deixamos esta información á vosa disposiciòn na web. Revisádeos e lembrade que os pagos só se poderán facer a partir do 1 de xaneiro.

Unha das decisións máis salientables foi aprobada unha suba de 3 euros nos precios das rutas de día. Recordade facer antes o ingreso na conta bancaria do club que tedes tamén na web, e indicar os conceptos e suplementos polos que se fan os pagos.

Polo demáis so desexarvos a todos e todas un feliz nadal e un próspero ano. Moitas grazas a todos por manter este club coma sempre co espírito que nos caracteriza.

Información Ruta corta de Decembro

1
Dec 21

Para rematar o ano recordaremos uns e descobrerán outros unha ruta polo Sendeiro Quintá e Rio Donsal. Para uns feita fai dez anos co club. Naquel momento, en plena primavera estaba exultante de beleza, pero agora en outono a visión é diferente sobre todo despois das choivas destes dias.

Trátase dunha das rutas máis bonitas existentes no municipio de Becerreá, dentro do espazo natural de Ancares, na que se poden atopar excepcionais bosques autóctonos de grande valor ecolóxico, admirando numerosos e variados elementos etnográficos como muíños, ouriceiras, etc.

Deixamovos a ligazón do vídeo de presentación Unha ruta totalmente aconsellable que merece a pena repetir, esperamos que vos animedes a participar.

Información Ruta corta de Novembro

12
Out 23

Neste mes de Novembro volvemos ao Sur da provinvia, concretamente a zona de Rianxo onde visitaremos o Monte dea Muralla e o Pozo Bastón. O noso roteiro percorrerá parte do PRG-15. O sendeiro discorre fundamentalmente por unha paisaxe de montaña, no que o visitante encontraráse con diferentes enclaves naturais, de gran beleza paisaxística, e restos etnográficos que definen as costumes do lugar.

A ruta comeza no pobo da Ermita onde encóntrase o pequeno muiño da Ermita, actualmente en funcionamento.

Convidámovos a acompañarnos.

Información Ruta corta de Outubro

12
Out 23

A ruta de outubro nos levará polas terras de Ortigueira, onde visitaremos espectaculares fervenzas como as Fervenzas do Casón e o Pozo do Inferno. Ademais percorreremos miradoiros espectaculares dende onde veremos panóramicas impresionantes da Ría de Ortigueira coma o Miradoiro da Mesa e a do Castelo do Casón, e a nota etnográfica estará a cargo do Curro da Capelada. Unha ruta variada e chea de lugares de interés.

Esperamos que vos animedes a vir.

Información Ruta corta de Setembro

20
Set 23

Para retomar o curso, este mes visitamos o concello de Moaña para visitar un dos roteiros con mais sona da Area de Vigo, Rio da Fraga e Chan da Arquiña. Trátase dunha ruta circular con incio e punto final no paseo marítmo de Domaio, e que na última parte nos leva a coñecer unha serie de muiños e fervenzas no regato da Freixa. Continúa por sendas forestais ata o Monte Faro, que é a segunda montaña máis alta da Península do Morrazo. Dende a cima poderemos disfrutar dunhas vistas espectaculares da ría de Vigo. Finalmente pararemos para visitar o dolmen de Chan de Arquiña e retornaremos ó punto de inicio en Domaio.

Deixamovos a ligazón do vídeo de presentación e esperamos que vos animedes a participar.

Información Visita a Combarro de Xullo

09
Xuñ 23

O mes de Xullo é un mes que dedicamos, antes das vacacións de verán, a visitar un dos moitos pobos con encanto que temos en Galicia. Este ano toca Combarro. O visitaremos por mar, subindo nun catamarán para ver os seus hórreos e cruceiros e desfrutar dunha degustación de mexillón cun viño e poder ver como se cría en bateas.

Porteriomente o disfrutaremos dende unha perspectiva gastrónomica coa tradicional comida que este ano será nun dos restaurantes máis caracterísiticos de Combarro: O Restaurante O Bocoi.

Consultade toda a información no tríptico da actividade

Información Ruta corta de Xuño

07
Xuñ 23

Este mes dirixímónos ata os concellos de Cotobade e A lama, onde nos espera o Río Barbeira e a súa Ruta da Liberdade. Este río forma un espectáculo natural de gran beleza, con unha flora e fauna autóctona que crean un escenario único. Pero non só pola súa natureza é único este río, senon polo seu salientable patrimonio cultural, que atoparemos en ambas orillas: Pontes, petos, hórreos, casas seculares, sendeiros, carreiros, ermidas, foxos do lobo....

A adecuación da ruta formou parte dun programa desenvolto pola Asociación Cultural Río Barbeira en colaboración co concello de A Lama e o centro penitenciario, sendo os reclusos os que adecentaron e manteñen as sendas. A Asociación e quén promove e encargáse do mantemento dende o ano 2007.

Remataremos a ruta no paseo fluvial de Leiro sobre o río Avia. Esperamos contar con todos vós para esta andaina.

Información Ruta corta de Maio

14
Mai 23

Imos rematar o mes de maio cunha bonita camiñada polos municipios ourensáns de O Carballiño e Ribadavia. Para iso imos tomar como referencia parte de dous carreiros, o PR-G 79 (Senda do Arenteiro) e o PR-G 76 (Senda do Río Avia), aos que engadiremos algunha variante. De feito, comezaremos a beira do Arenteiro, no parque de O Carballiño, e remataremos no Avia, no paseo fluvial de Leiro.

Ademais dun entorno natural impresionante, ríos, fragas, carballeiras, bosques de ribeira, viñedos… A ruta conta cunha gran cantidade de elementos etnográficos e patrimoniais como muiños, cruceiros, pazos e capelas.Deixamovos a ligazón do vídeo de presentación e animámovos a percorrer con nos esta ruta.

Información Ruta corta de Abril

16
Abr 23

Este mes de abril nos achegamos a Lousame, municipio que pertence a comarca de Noia para visitar entre outras cousas o Mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, que forma parte da ruta dos ríos Vilacoba e San Xusto. Un paseo de madeira entre carballos que nos traslada ao bosque atlántico máis sombrío. A ruta, que segue o curso do río San Xusto, adórnase con fervenzas e rápidos.

A ruta está entre a dificultade media polas complicacións que pode haber por camiñar preto de ríos. Ainda así, animámovos a percorrer con nos esta ruta.

Deixamovos a ligazón do vídeo de presentación da ruta, que esperamos que vos anime a acompañarnos nesta andaina.

Información Ruta Longa de Maio

08
Abr 23

Para a Ponte do 17 de maio, preparamos unha ruta de varios días polo Val do Ambroz. Tomando como base a vila de Hervás, vos presentamos catro rutas variadas que van a permitirnos coñecer unha zona moi fermosa, de grande valor ecolóxico, encravada ao norte da provincia de Cáceres. De camiño visitaremos Béjar, e disfrutaremos do abundante patrimonio histórico artístico desta vila salmantina. Tedes toda a información de plazos e precios á vosa disposición.

Esperamos que vos animedes a participar.

Información Ruta Corta de Marzo

3
Mar 23

Nesta ruta corta de Marzo, voltaremos a visitar á Serra do Barbanza, una zona que fai anos fixemos co club, como a grande maioria non tivo ocasión de facela, volvemos a organizala. Na aquel ano a ruta levounos ate case A Pobra do Carmiñal.

Esta vez a ruta recorre un parque arqueolóxico de moito interese, xa que conta con grande cantidade de mámoas e lugares funerarios. Ente elas estará a Casarota do Fusiño, A Portela, Arca do Barbanza, Porto Traveso, A Cavada, Pedra da Xesta, entre outras.

Ofrecemovos o tríptico do concello de Boiro, que cubre unha pequena parte da ruta proposta polo club. Esperamos contar con todos vós.

Información Ruta Longa de Marzo

26
Feb 23

Na primeira ruta longa do ano, voltaremos á Serra do Xurés, que xa visitamos no 2019, para ofrecer outras dúas rutas destacadas a través de este importante entorno natural, que sempre nos ofrece paraxes singulares.

Quedan consignados os precios, horarios e toda a información necesaria. Convidámovos a acompañarnos.

Información Ruta corta de Xaneiro

19
Xan 23

Na primeira ruta do ano, visitaremos un recuncho preto de Santiago de Compostela, rodeado por auga e vexetación,o Rio Sarela,o Rego Gatofero e a súa fervenza, Ademais acercarémonos ata o Monte Pedroso onde poderemos ver unha panorámica da cidade de Compostela.

Deixamovos a ligazón do vídeo de presentación da ruta, que esperamos que vos anime a acompañarnos nesta andaina.

A ruta en si non ten gran dificultade ainda que as grandes choivas destes días fixeron que podamos encontrar zonas complicadas pola auga. Por iso a ruta está entre a dificultade media-alta polas complicacións que pode haber si non deixa de chover ata que fagamos a ruta.

Asemblea de Socios e precios de Licencias

29
Dec 22

Tras a ASEMBLEA ORDINARIA que tivo lugar o día 21 de decembro, na que se aprobaron o calendario de actividades e os prezos de licencias para o ano 2023, deixamos esta información á vosa disposiciòn na web. Revisádeos e lembrade que os pagos só se poderán facer a partir do 1 de xaneiro.

Unha das decisións máis salientables, foi a de aumentar a cota anual de socios en cinco euros. Tamén foi aprobada unha suba de 3 euros nos precios das rutas de día. Podedes consultar a carta do presidente para os socios no seguinte enlace: Carta sobre os novos precios no 2023 Esta é unha decisión que tivemos que propor aos socios, con grande pesar pola nosa parte, coa idea de garantir a viabilidade do club.

Aqueles que por primeira vez vos fagades socios, utilizade o formulario web cubrindo tódolos datos e ó envialo xa nos entra no correo electrónico do club. Recordade facer antes o ingreso na conta bancaria do club que tedes tamén na web.

Polo demáis so desexarvos a todos e todas un feliz nadal e un próspero ano. Moitas grazas a todos por manter este club coma sempre co espírito que nos caracteriza.

Información Ruta corta de Decembro

4
Dec 22

En decembro, como remate de ano, achegarémonos a Oza-Cesures para visitar as Fervenzas de Rexidoira. Comezaremos a ruta no lugar de A Rexidoira, parroquia de Filgueiras de Barranca, no municipio de Cesuras. Trátase dun espazo natural, de gran atractivo paisaxístico, a beira do río Mendo, considerado afluínte directo do Mandeo. Dende este enclave podemos acceder a un pequeno sendeiro que nos conducirá a catro bonitas fervenzas, a través das cales o río Mendo salva o desnivel natural do releve. Hai que ter en conta que existen tramos de especial dificultade sobre todo o das fervenzas, e tramos do sendeiro na beira do río, onde pode esvararse, e uns troncos caídos, polo que a dificultade está marcada coma media-alta.

Deixamovos a ligazón do vídeo de presentación da ruta. Esperamos contar con todos vós.

Información Ruta corta de Novembro

8
Nov 22

Para novembro, percorreremos os Bosques Máxicos e Conxunto Arqueolóxico de Pedra Fita, moi preto de Lugo. Na parroquia de Adai, existe un dos conxuntos arqueolóxicos máis sorprendentes de toda Galicia. O conxunto arqueolóxico de Pedra Fita, no Monte das Penas do Caldeiro (nome en alusión probablemente dun dos vestixios do lugar), concéntrase entre outras cousas un dolmen, varios petróglifos , un menhir, un recinto misterioso e unha pedra elíptica denominada Altar de Adai.

Deixamovos a ligazón do vídeo de presentación da ruta. Esperamos que vos animedes a participar.

Información Ruta corta de Outubro

8
Out 22

Este mes dedicarémonos a percorrer unha zona pouco transitada da provincia de Pontevedra, Cerponzóns. Sairemos da Igrexa de San Vicente ata subir os montes do castro e visitar o monumento o canteiro para baixar anta o encoro do Pontillón do Castro onde xantaremos e contemplaremos con tranquilidade as suas augas. Voltaremos de novo despois de dar un rodeo polo encoro de novo ata a igrexa.

Deixamovos a ligazón do vídeo de presentación da ruta. Esperamos que atopedes a camiñata atractiva e vos animedes a participar.

Información Ruta corta de Setembro

9
Set 22

A primeira sáida despois das vacacións de verán levarános nesta ocasión ata o concello de Ponteareas, a Olveira para coñecer o entorno do Río Uma, que é un afluinte do Rio Tea. Sairemos da Igrexa de San Mateo de Oliveira do século XVIII e remataremos no mesmo lugar.

Deixamovos a ligazón do vídeo de presentación da ruta, que esperamos que vos anime a acompañarnos nesta andaina.

Información Ruta Longa de Outubro

31
Xul 22

Tedes disponible a información da ruta longa do mes de Outubro. Tras moitos cambios e cancelacions polo covid, Achegarémonos a unha zona moi descoñecida, pero con moitisimos atractivos, A comarca de A Garrotxa, nunha viaxe de oito días, incluíndo a ponte do 12 de Outubro. Pensamos que desta volta si poderemos disfrutar desta viaxe. A pesar de que limitamos as prazas a 40 persoas, e esperamos que vos animedes a acompañarnos cando lle botedes unha ollada á programación.

Información Ruta Longa de Maio

21
Mar 22

Tedes disponible a información da ruta longa do mes de Maio. Achegarémonos unha vez mais a unha zona moi querida polo club, xa visitada noutras ocasions, Picos de Europa, nunha viaxe de catro días aproveitando a ponte do 17 de Maio. A saída foi preparada por Carlos e Mari e longamente posposta polo covid. Esperamos disfrutar dela finalmente si as circunstancias o permiten. A pesar de que limitamos as prazas a 30 persoas, esperamos que vos animedes a acompañarnos.

Información Ruta corta de Xullo

12
Xul 22

Antes das vacacións de verán, á directiva acordou que xa que o calor aperta, estaría ben, xa que non sempre temos que andar, facer unha comida de confraternidade onde os protagonistas sexades o socios e socias do club. E que mellor que elexir unha localidade emblemática da nosa terra, onde ademáis podamos visitala xa que sempre pasamos por elas de forma rápida e sen ningún coñecemento dos lugares que estamos. Como Allariz no seu momento, este ano visitamos Rivadavia, comarca do Ribeiro, e coma non podía ser de outra maneira a comida coma a visita cidade vai acompañada dunha visita a unha bodega como é neste caso a de Castro de Rei, onde agasarannos cunha degustación para posteriomente ir hacia o Restaurante A QUINZA, ganador do culler de ouro. Xa pola tarde percorreremos Ribadavia cunha guía especializada que nos ira mostrando todos os segredos desta cidade medieval.

Neste caso os horarios non van ser os mesmos saíremos unha hora mais tarde xa que:

  • a visita a bodega está prevista para entre as 13:00 e 13:30 horas
  • a comida sobre as 15:00
  • e a visita a cidade sobre as 17:00

Trataremos de parar durante o camiño a tomar algo o estirar as pernas nun lugar singular.

Información Ruta corta de Xuño

4
Xuñ 22

Para Xuño recordaremos unha das rutas máis bonitas, con algunha variación pequena, que fixo o club na súa existencia: pola Costa da Vela. Comezaremos na praia de Castiñeira e de Area Brava, complexo dunar na península do Morrazo despois de pasar o carón da súa igrexa Santo André de Hio e o seu peculiar cruceiro. Logo iremos cruzando por pequenas calas como Pintens, Amaians e Castiñeiras. Chegaremos a Punta do Couso. Donde disfrutaremos dunha paisaxe espectacular, dende aquí á nosa dereita a ría de Aldán e á fronte o Cabo de Udra, mirando cara ao norte poderemos ver a illa de Ons e á nosa esquerda comeza a parte da Costa da Vela.

Deixamovos a ligazón do vídeo de presentación da ruta. Non deixedes pasar a ocasión de vir con nós.

Información Ruta corta de Maio

17
Mai 22

Este mes de Maio pousaremos a nosa atención no PRG 169, ben coñecido pero ao mellor pouco utilizado, un pequeno recorrido onde a xustificación está ó final da ruta, na espectacularidade da Fervenza das Hortas. Neste traxecto coñeceremos camiños onde a variedade é a súa característica. Comezaremos na Capela de Fonte Santa e e as súas augas medicinais, ata o encoro de Portodemouros onde un pequeno museo de setas feito con árbores ainda que un pouco abandoado xa, agarda por nós. Teremos a posibilidade de visita guiada ao Museo Vivente do mel.

Deixamovos a ligazón do vídeo de presentación da ruta. Esperamos que vos animedes a participar.

Información Ruta corta de Abril

5
Abr 22

A ruta do mes de Abril visitaremos o concello de Muras para percorrer o curso alto do río Eume. Comenzamos e rematamos a andaina na área recreativa da Veiga, na mesma vila de Muras. Visitaremos o castro de Castrillán, unha capela dedicada a San Miguel, e visitaremos a área recreativa do Caneiro, o carón do río Eume. E outros puntos con panorámicas á serra de Carracedo.

Deixamovos a ligazón do vídeo de presentación da ruta. Esperamos que vos animedes a vir con nós.

Información Ruta Longa de Maio

21
Mar 22

Tedes disponible a información da ruta longa do mes de Maio. Achegarémonos unha vez mais a unha zona moi querida polo club, xa visitada noutras ocasions, Picos de Europa, nunha viaxe de catro días aproveitando a ponte do 17 de Maio. A saída foi preparada por Carlos e Mari e longamente posposta polo covid. Esperamos disfrutar dela finalmente si as circunstancias o permiten. A pesar de que limitamos as prazas a 30 persoas, esperamos que vos animedes a acompañarnos.

Información Ruta corta de Marzo

14
Mar 22

Para a ruta do mes de Marzo percorreremos a Serra da Loba, situada ó norte das provincias de A Coruña e Lugo, e divide xeograficamente ambalas dúas. O seu punto mais alto é a Pena Verde con 709 m. Os municipios que comprende son As Pontes, Xermade, Monfero, Irixoa e Aranga. Comezaremos a camiñar na Ermida de San Vitorio, nos límites co concello de Monfero, seguiremos en parte a ruta SM 03 con certas variacións, de xeito que abandoaremos a parte máis baixa da ruta para disfrutar das vistas panorámicas.

Deixamovos a ligazón do vídeo de presentación da ruta. Esperamos que vos animedes a acompañarnos.

Información Ruta corta de Febreiro

14
Feb 22

A ruta do mes de Febreiro sempre leva consigo o cocido tradicional de cerca do entroido, no que sempre buscamos un lugar singular da nosa terra para que ademais de poder desfrutar da ruta poder tamén coñecer sitios singulares coma o que toca este ano no Pazo de Andeade, situado en Casa Grande, concello de Touro. A ruta é a dos Tres rios, chamada así porque discorre polos ríos Ulla, Beseño e Lañas e que transcorre polas parroquias de Fao, Cornado e Novefontes, no dito concello de Touro.

Deixamovos a ligazón do vídeo de presentación da ruta.

Información Ruta de Febreiro. Agradecemento.

4
Feb 22

As veces a realidade supera todas as previsións. Que a tres semanas da ruta de Febreiro teñamos que pechar a lista de apuntados a ela e de agradecer, e estamos sorprendidos e contentos do éxito da proposta. Un problema engadido é o ter que reducir as prazas, pero a situación así o manda, e tivemos que baixar bastante en comparación con outros anos.

A información da ruta estará previsiblemente colgada esta semana que ven, pero xa como mero coñecemento do que imos facer. Falamos co Pazo de Andeade para ter a posibilidade de aumentar estas prazas, pero é un pouco complicado. Si pode ser así será notificado, pero xa ós socios e socias cubriron tódalas prazas.

O dito, moitas grazas e esperamos estar a altura das vosas expectativas. Polo menos iso intentamos con cada saída, que é o factor diferenciador con outros clubs, buscar modos e formas que fagan do club un grupo alternativo e atractivo.

Fallecimiento

21
Xan 22

Hoy es un día triste para nuestro club, José Manuel Quinteiro Calvo, antiguo secretario de la actual directiva y uno de los socios fundadores del Club de Montaña O Carroucho acaba de fallecer, ha decidido recorrer otros caminos inexplorados por nosotros en busca de posibles rutas. Desde el club queremos recordar y agradecer su aportación a este grupo y por supuesto nuestro pésame a su familia y amigos.

Asemblea de Socios e precios de Licencias

27
Dec 21

Tras a ASEMBLEA ORDINARIA que tivo lugar o día 17 de decembro, na que se aprobaron o calendario de actividades e os prezos de licencias para o ano 2022, deixamos esta información á vosa disposiciòn na web. Revisádeos e lembrade que os pagos só se poderán facer a partir do 1 de xaneiro.

Unha das decisións máis salientables foi a de manter a cota de socios en cinco euros e baixar na mesma proporción, en cinco euros tamén, as dos socios doutros clubs.

Aqueles que por primeira vez vos fagades socios, utilizade o formulario web cubrindo tódolos datos e ó envialo xa nos entra no correo electrónico do club. Recordade facer antes o ingreso na conta bancaria do club que tedes tamén na web.

Polo demáis so desexarvos a todos e todas un feliz nadal e un próspero ano. Moitas grazas a todos por manter este club coma sempre co espírito que nos caracteriza.

Información Ruta corta de Decembro

1
Dec 21

Para rematar o ano faremos unha ruta moi sinxela por Outeiro de Rei, denominada en gran parte PR-G 155 Ruta do Miradoiro da Terra Chá, adaptandoa ós gustos do noso club, onde coñeceremos As Penas de Rodas Para uns, tratáse de un amontoamento de pedras sen máis interese, para outros un conxunto megalítico de enorme valor, vinculado ao saber astronómico. Incluso hay estudiosos do lugar que aseguran que poder ser o primer calendario solar da humanidade.

Lembrade que cambiamos de compañía de autobús, dende agora será AUTOS RICO quen se encargue de facer con nos as excursións. Tedeo en conta xa que os autobuses son diferentes.

Información Ruta corta de Novembro

14
Nov 21

Tedes a información da ruta de novembro, Percorreremos parte dos municipios de Brión y Ames onde visitaremos despois de empezar polo paseo fluvial do Rego de Ameneira e un pequeno bosque que ten nos seus arredores, As Torres de Altamira, ruinas dun Castelo que queda do que construiuse no século IX sobre os restos dun antigo castro da antiguedade, cunhas fermosas vistas sobre o Val de Amaia.

Seguiremos hacia Ponte Maceira, declarado recentemente uns dos pobos máis bonitos de España, pasando pola Igrexa de Santa María de Trasmonte e depois de percorrer sendeiros e camiños onde aparece no medio dun bosque e a ó final dun sendeiro a Ermida de San Xoanciño, remataremos o roteiro percorrendo outro paseo fluvial ao longo do Rego dos Pasos hacia Bertamiráns.

Deixamovos a ligazón do vídeo de presentación da ruta. Esperamos que vos anime a acompañarnos.

Lembrade que cambiamos de compañía de autobús, dende agora será AUTOS RICO quen se encargue de facer con nos as excursións. Tedeo en conta xa que os autobuses son diferentes.

Recordade tamén que suprimimos a parada para mercar o pan e o café

E sen mais, vemonos o vindeiro 20 de novembro.

Información Ruta corta de Outubro

12
Out 21

Tedes a información da ruta circular de outubro, que nos leva ata o concello de Porto do Son para visitar o Castro de Baroña, comezando e rematando no propio castro, un dos máis emblemáticos de Galicia, Patrimonio Artístico Nacional e Ben de Interese Cultural.

Iremos subindo ata visitar os Petroglifos da Gurita, onde veremos a capacidade artística dos nosos ancestros. Percorreremos parte dos montes do lugar e xantaremos si o tempo o permite nunha area recreativa cercana ó Cruceiro de Montemuiño. Dende este lugar iremos baixando por sendeiros pobo e congostras ata atoparnos de novo coa costa paseando pola praia de Baroña ata de novo o Castro.

Lembrade que cambiamos de compañía de autobús, dende agora será AUTOS RICO quen se encargue de facer con nos as excursións. Tedeo en conta xa que os autobuses son diferentes.

Recordade tamén que suprimimos a parada para mercar o pan e o café

Inicio das Actividades Setembro 2021

7
Sep 21

O club de montaña O Carroucho retoma seis roteiros ata final de ano a partires deste 25 de setembro. Pero temos que respectar as seguintes normas:

As prazas vanse ver limitadas a 35 persoas e terán que sentarse nos asentos do bus fixados pola directiva,

por suposto o uso da mascarilla e obrigado dentro do bus, despois manteremos unha pequena distancia de seguridade.

Nesta primeira saida decidimos que terán preferencia os socios ata case o último día. Si sobra algunha praza avisarase a quen no seu momento tivera intención de vir con nos.

Por suposto as paradas para o café e mercar o pan, así coma a cervexa de fin de ruta quedan eliminadas. Levade todo o necesario, xa que soamente faremos os roteiros. De todas formas buscaremos a forma de sustituir esas actividades lúdicas con algunha visita, eso sí sin visita o bar, por favor.

Como novidade advertiros que cambiamos de compañía de autobús, dende agora será AUTOS RICO quen se encargue de facer con nos as excursións. Tedeo en conta xa que os autobuses son diferentes.

Se non nos comprometemos a respectar estas normas, ainda que non sexan do noso agrado, non poderemos seguir coas actividades, dado o estado sanitario actual, que é cambiante.

E sen mais, Vemonos o vindeiro 25 de setembro.

Rutas 2021 e precios de Licencias

1
Ene 21

Feliz Aninovo a todolos socios e socias. Temos actualizado o calendario provisional de rutas, que foi presentado na Asemblea Ordinaria do 16 de decembro do 2020, con idea de levalo a cabo, si é posible, sempre tendo en conta as directrices sanitarias e as restriccións dos distintos niveis de alarma, a medida que se den a coñecer.

Temos actualizado tamén os precios das licencias federativas, tal e como comentou o presidente, os precios para este ano levan unha reducción de cota para os socios. Aconsellamovos que ainda que sexa para facer actividade pola vosa conta non deixedes obter a licencia, pola vosa seguridade e tamén polas as vantaxes asociadas.

Esperamos poder voltar a facer a vida de club que tanto extrañamos.

Marzo
2024
29

Próximo evento

Abril / 20

Sendeiro do Río Gallol - Fonsagrada
Faltan 22 días

Contacto

telefono 618 61 77 99
(de 20h a 22h)
carroucho@carroucho.org

Redes Sociais

facebook

Séguenos en Facebook.

Transcantábrica

Aconcagua 2008

¿Queres coñecer todos os detalles do que aconteceu na expedición ao Aconcagua na que participou un dos nosos socios, Fernando González León?

Podes consultar o relato da expedición.