Biblioteca virtual

Neste apartado incluiremos calquer documentación que pensemos que pode ser de axuda ou interese para todos.

Seguro de Allianz

Autor: Allianz
Data: 30-Dec-2023
Tamaño: 11.034 Kb

Contido da póliza do seguro de accidentes colectivos que ten suscrito a Federación Galega de Montañismo para o ano 2024 con Allianz. Deste xeito coñecedes todas as coberturas ás que tedes dereito.
Tamén podedes consultar o procedemento a seguir en caso de accidente.

Estatutos do Club de Montaña O Carroucho

Autor: O Carroucho
Data: 19-Abr-2018
Tamaño: 1946 Kb

Estatutos do Club de Montaña O Carroucho en vigor aprobados en Asamblea Extraordinaria do 7 de Febreiro de 2018 e aprobados pola Dirección Xeral do Deporte o 2 de Abril de 2018.

Regulamento de Réxime Interno

Autor: O Carroucho
Data: 15-Feb-2018
Tamaño: 128 Kb

Regulamento de Réxime Interno en vigor aprobado en Asamblea Extraordinaria do 7 de Febreiro de 2018.

Expedición Aconcagua 2008

Autor: O Carroucho
Data: 07-Feb-2008
Tamaño: 0 Kb

Aquí podedes ler o relato dos acontecementos da expedición ao Aconcagua na que participou un dos nosos socios no 2008, e que a día de hoxe constitúe o record de altura alcanzado por algún membro deste club.

Guía de Montaña da AEMET

Autor: Instituto Nacional de Meteoroloxía
Data: 16-Mar-2016
Tamaño: 942 Kb

Esta publicación recolle información, datos e consellos que poder resultar de utilidade para os afeccionados ás actividades relacionadas coa montaña.
Na natureza os fenómenos meteorolóxicos evolucionan a miúdo moi rapidamente e o descoñecemento dos seus efectos pode comportar consecuencias. Este é un factor máis de seguridade.

Manual de Iniciación á Montaña

Autor: Ramón Muñoz
Data: 31-Ago-2008
Tamaño: 5.649 Kb

Un completo manual no que o autor ao longo de 95 páxinas trata de todos os aspectos relacionados coa montaña: material, excursionismo, perigos, orientación, etc.
Moi recomendable como manual de introdución para todos os amantes da montaña.

Manual de Iniciación ao Alpinismo

Autor: Jesús del Río
Data: 18-Xul-2003
Tamaño: 2.920 Kb

Manual realizado pola Escola Cántabra de Alta Montaña no que se nos presentan os conceptos básicos do alpinismo e da escalada: os crampóns, os nós, a escalada en neve, a escalada en xeo, os aseguramentos, etc.
Imprescindible a súa lectura antes de lanzarse a facer actividades en neve.

Curso de Cartografía e Orientación

Autor: Javier Urrutia
Data: 28-Dec-2005
Tamaño: 4.430 Kb

Extenso manual (223 páxinas) no que se estudian con detalle aspectos como as proxeccións cartográficas, os conceptos dos mapas topográficos, as curvas de nivel, a orientación por diversos métodos e unha introducción ao GPS.
Pola profundidade coa que trata algúns temas e os detalles técnicos, non é un manual indicado para abordar sen ter uns certos coñecementos previos.

Historia do Montañismo en España

Autor: Ramón Muñoz
Data: 19-Xul-2009
Tamaño: 0 Kb

Nesta páxina podedes descargar (85 Mb) unha amena e entretida narración dos comezos (tan diferentes) e a evolución do montañismo en España. Tamén se comentan as tan típicas lendas que acompañan a moitas montañas, así como os comezos da Federación Española e da Escola Nacional de Alta Montaña.
Para todos aqueles interesados en saber como chegamos onde estamos ou, simplemente, pasar un anaco divertido.