Foto dos socios fundadores

O Club de Montaña “O Carroucho” xurdíu a partires dun grupo de compañeiros de ruta que xogabamos xuntos á loteria e xuntámonos para facer o Camiño dende O Cebreiro ata Santiago, no ano Santo do Xacobeo-99. Con cada etapa que faciamos comezaba a vir máis xente e acabamos o camiño preto de cincuenta persoas, polo que no ano 1999 pensamos formalizar o grupo e federarnos para poder ter un seguro e acceder a outras actividades da Federación Galega de Montaña. Ao principio eramos setenta e dous socios, e fomos crecendo en número ata rebasar os 100 socios no ano 2009, ano do noso 10º aniversario. Dende entón seguimos a organizar excursións, sendeiros e actividades de tempo libre cun espíritu de ocio e diversión que te atraerá e das que te podes informar nesta web ou chamando ao teléfono de contacto.

Unha cousa pola que nos preguntan moito é sobre o nome do club. Algunhas definicións son as seguintes:

carroucho
s.m. Camiño tortuoso e difícil de transitar. SIN. carreiro, corripa e vieiro
s.m. Camiño moi estreito e pouco transitado, para o paso dunha persoa.

ou sexa, que ven sendo un carreiro difícil e tortuoso deses que nós acostumamos a percorrer.

Como contactar connosco

Podes contactar connosco por calquera dos seguintes medios que poñemos á túa disposición:

“Edificio Servizos Múltiples”
Ramón Cabanillas, nº 14
15670 O Burgo - A Coruña
618 61 77 99 (de 20h a 22h)
carroucho@carroucho.org

Composición da Xunta Directiva

A directiva do club está formada na actualidade polos seguintes cargos e persoas:

  • Presidente: Fernando Regueiro Dequidt
    Coordinador da directiva, responsable da relación directa cos socios.
  • Vicepresidente: Jaime Antonio Paz Loureiro
    Responsable da área federativa, publicidade e colaboradores co club.
  • Secretaria: Eugenia Carrera Formoso
    Responsable da organización documental e trámites oficiais.
  • Tesoureiro: Carlos Verdes Blanco
    Responsable da contabilidade e soporte informático.
  • Vogal: Javier Novás Espiñeira
    Responsable de xestión de rutas e transporte.

A falta dun local social, no seguinte plano de situación podes ver a ubicación oficial do noso club.

Estes son os logotipos oficiais do club:

Se tes curiosidade por coñecer os medios empregados para construír esta web, o que necesitas para visualizala correctamente ou os estándares que cumple, podes consultar a información técnica da mesma.