OUTRAS INFORMACIONS
Está aberta a participación no programa da Xunta
de
voluntariado para vixiar os
montes. No concello
de Culleredo farase tódolos sábados de xullo e agosto
realizando rutas en colaboración co noso club, e pode
participar todo o mundo. Os inte-resados
deben anotarse chamando ó teléfono
900
400 800.
Consulta toda a información na
páxina do voluntariado.
Convócase o
II Encontro de Sendeirismo Río
Ouro con ruta de sendeirismo e concurso fotográfico.
Anímate e participa para formar unha gran familia de sendeirismo o sábado
20
de Setembro en Foz.
As inscricións pódense facer antes do 12 de setembro chamando ó teléfono 686 265 154 ou enviando un
correo a
ossendeiros@yahoo.es (indicando a pertenza
ó noso club).
Por segundo ano convócase o
Concurso
de Fotografía de Montaña "Memorial Agustí Torrents
i Barrachina".
Todos aqueles intere-sados en participar podedes consultar
as
bases do mesmo. O prazo
de presentación remata o
15 de novembro.