« Voltar

As pontes do Lérez


Ruta As pontes do Lérez.pdf (1.353 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concello de Forcarei (Pontevedra)
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 19 de Setembro de 2015
PREPARADA POR: Eugenia e Juanjo
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios, 17€ para os non socios federados e 20€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 17 de Setembro de 2015, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Collemos a AP-9 ata enlazar coa AP-53 dirección Ourense ata a saída 33 onde collemos a PO-205 ata o destino.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Lineal
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 6,5 horas
DISTANCIA LINEAL: 21 Km.
INTERESE DA RUTA: Xeral
RECOMENDACIÓNS: Levar roupa cómoda e auga
BREVE DESCRICIÓN: Iniciamos o noso percorrido no alto de Penadoira, cruzando un parque eólico que deixamos para comezar o descenso cara ao Mosteiro de Aciveiro. Despois de atravesar a aldea da Rochela e logo de cruzar o Lérez pola estrada collemos por un camiño que pasa preto dunha alvariza. Tras pasar unha pequena ponte, baixamos ao carón do río, e axiña pasamos preto dun muíño e subimos cara uns penedos con vistas ao mosteiro.
Entramos nun lugar onde a vexetación aparece verde e vizosa rodeando ao Lérez. Seguimos pola beira do río deixando atrás a pequena Ponte das Buratas e pasando por un vello muíño para chegar á Ponte do Porto do Muíño. Imos a desviarnos por un camiño que nos conduce a Andón. Atravesando o pobo iremos dar a un camiño que descende cara á Ponte Vella de Andón, das máis singulares do Lérez. A paisaxe tórnase nunha vexetación de monte raso a medida que nos acercamos ao Pico Valiñas.
Descendemos por un camiño empedrado que nos levará á Ponte da Carballa onde volvemos a atoparnos co Lérez. Pasamos á outra beira e camiñando río abaixo chegamos á Ponte do Crego. Seguimos o camiño ata atopar uns pasos de pedra no río polos que teremos que cruzar e seguindo pola beira do río chegamos á Ponte Maril. Continuamos ata chegar á Ponte do Batán, tamén coñecida como Ponte de Forcarei. Ascenderemos por un regato para pasar de contado por unha pontella que nos leva á Ponte Gomail, unha das máis fermosas do Lérez. Despedímonos do río ascendendo por un camiño que nos leva a Gaxín, onde nos recollerá o autobús.
OUTROS DATOS: Pararemos a mercar o necesario en Silleda
« Voltar