« Voltar

Penedos de Mórdomo, Traba e Pasarela


Ruta Penedos de Mórdomo.pdf (336 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concellos de Laxe e Vimianzo
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 14 de Novembro de 2015
PREPARADA POR: Fran e Julio
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios, 17€ para os non socios federados e 20€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 12 de Novembro de 2015, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: O Burgo, AG-55, AC-418, AC-419.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Camiños de terra, corredoiras e montes.
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 5 horas
DISTANCIA LINEAL: 14 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística e medioambiental.
RECOMENDACIÓNS: Levar botas de sendeirismo, bastón, etc. Hai zonas de especial complicación nas que se apela á cordura de cada un, como o alto de Mórdomo e Torre da Moa, pero que realmente valen a pena.
BREVE DESCRICIÓN: Rodeando todo o Val de Traba álzanse os escarpados e rochosos "Montes ou Penedos de Traba", formados por catro cumes ou penedos: "Pena dos Mouros", "Pena Forcada ou Gallada", "O Castelo" e "Torre da Moa", estreitamente relacionados polas caprichosas formas das súas rochas que gardan misteriosos segredos do pasado.
A Torre da Moa, con 241 metros de altitude, e a máis importante destes penedos debido ao emprazamento neste lugar dunha importante ara de sacrificios. Moi probablemente, e debido ás súas características, poderíase afirmar que se trataría dunha das tres históricas "Aras Sextianas". As "Aras Sextianas" foron mandadas construír polo xeneral romano Sextius cara ao ano 19 antes de Cristo como monumento dedicado ao emperador Augusto.
Así mesmo, desde estes penedos pódense contemplar unhas impresionantes vistas que abarcarían desde Arou e Camelle, todo o Concello de Laxe e Corme.
A parroquia de Santiago de Traba esconde preto da aldea de Mórdomo un dos seus maiores tesouros, unha pequena e estreita lagoa rica en fauna e vexetación que está relacionada coa lenda da cidade de Valverde, cidade afundida polo Apóstolo Santiago por desoir os ensinos deste.
OUTROS DATOS: Almorzaremos e mercaremos todo o necesario antes de iniciar a camiñata en Laxe.
« Voltar