« Voltar

Transcantábrica: Benquerencia-Fazouro


Ruta Transcantábrica 2.pdf (1.128 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concellos de Barreiros e Foz
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 2 de Abril de 2016
PREPARADA POR: Directiva
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios, 15€ para os non socios federados e 17€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 31 de Marzo de 2016, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Desde O Burgo collemos a AP-9 ata enlazar coa A-6. Na saída 522-B collemos a A-8 dirección Asturias e na saída 536 incorporámonos á N-642 ata Benquerencia

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Camiño costeiro, asfalto e pasarelas de madeira
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 7 horas
DISTANCIA LINEAL: 23 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística
RECOMENDACIÓNS: Levar roupa de abrigo
BREVE DESCRICIÓN: Saímos de Benquerencia continuando pola costa nunha sucesión de praias con area branca como A Valea, A Salsiña, Coto. Xa nas puntas de Agullón e Prado Vello vemos o castro de San Bartolo e a súa fonte de ferro con Foz na beira contraria.
Remontamos a ría do Masma ata a ponte da Espiñeira onde pasamos ao concello de Foz entrando na súa capital polo paseo de Laredo, chamado así polo irmandamento dos dous concellos.
Desde aquí ata Fazouro pasamos polas praias da Rapadoira, Llas onde atoparon un "torques", e finalizaremos na área recreativa de A Pampillosa.
OUTROS DATOS: Pararemos a almorzar en Barreiros
« Voltar