« Voltar

Transcantábrica: Fazouro-Burela


Ruta Transcantábrica 3.pdf (419 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concellos de Foz e Burela
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 28 de Maio de 2016
PREPARADA POR: Directiva
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios, 15€ para os non socios federados e 17€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 26 de Maio de 2016, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Cóllese a AP-9 ata enlazar coa A-6 dirección Lugo. Na saída 522 collemos a A-8 dirección Oviedo e na saída 524 incorporámonos á N-634 para, na rotonda, coller a N-634 dirección Foz ata Fazouro

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Camiños, pistas e algo de asfalto
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 7 horas
DISTANCIA LINEAL: 23 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística
RECOMENDACIÓNS: Levar roupa adecuada ás condicións atmosféricas
BREVE DESCRICIÓN: Empezamos na praia de A Pampillosa para remontar o río Ouro por unha pista que se converte en camiño de pescadores. Retornamos á ponte de Ferro, que cruza o río, para ver o castro de Fazouro, importante castro dos chamados marítimos do século I-II d.C. Continuamos pola costa pasando polas praias de Arealonga, Polas, Xuncos, Alemáns e Areora, das parroquias focenses de Nois e Cangas.
Entramos en Burela de Cabo pola praia do Cantiño e a zona xeolóxica de Castelo para finalizar a ruta no seu porto, centro económico do concello e famoso pola descarga nas súas instalacións do bonito.
OUTROS DATOS: Pararemos a almorzar en Foz
« Voltar