« Voltar

Pambre, Remonde e Mácara. Por terras do Ulla


Ruta Pambre, Remonde e Mácara.pdf (1.099 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concellos de Palas de Rei e Melide
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 10 de Setembro de 2016
PREPARADA POR: Margarita Vázquez e Eugenia Carrera
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios, 15€ para os non socios federados e 17€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 8 de Setembro de 2016, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Desde O Burgo collemos a AP-9 ata enlazar coa A-6. Na saída de Oza-Cesures seguimos pola estrada AC-840 ata Melide. Viramos á esquerda en dirección Lugo. Abandonamos a estrada N-547 na saída marcada como O Coto. Seguimos a estrada LU-P-4001 en dirección ao balneario de Pambre pasando por A Campanilla, Porto de Bois e Vilacendoi ata Sambreixo.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Pistas, camiños e algún tramo de asfalto
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 6 horas
DISTANCIA LINEAL: 18 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística e etnográfica
RECOMENDACIÓNS:
BREVE DESCRICIÓN: Nesta etapa sairemos da parroquia de Sambreixo para percorrer parte do concello de Palas de Rei. Visitaremos a contorna do Castelo de Pambre, lamentablemente, pechado ao público ata que finalice a súa restauración. Poderemos visitar o castro de Remonde, dende o que as vistas ao castelo son bastante boas. O castro está pendente de excavar, pero poden distinguirse a zona da croa e a interior con certa claridade. Identificouse nunha parte un antigo alxibe. É limpado periódicamente por voluntarios da asociación "Eira da Xoana", ás veces co apoio do concello.
Tamén visitaremos as torrentes de Mácara e as pozas e fervenzas que se forman sobre o Ulla, percorrendo a beira esquerda ata o antigo balneario. Achegarémonos a ver a roza, ou dique de represa, máis longo da contorna, tamén sobre o Ulla. Voltaremos a Sambreixo polos soutos da zona.
OUTROS DATOS:
« Voltar