« Voltar

Final Transcantábrica con xantar


Ruta Transcantábrica 9.pdf (1.095 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concellos de Mañón e Ortigueira
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 18 de Febreiro de 2017
PREPARADA POR: Directiva
PREZO DA ACTIVIDADE: 30€ para os socios, 33€ para os non socios federados e 35€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 16 de Febreiro de 2017, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Dende O Burgo collemos a AP-9 en dirección Ferrol e saímos na saída 21F de Cabanas. Tomamos a estrada AC-564 en dirección As Pontes, desviarémonos pola estrada AC-101 en dirección a Ortigueira. Tomamos a CG1.3 que enlaza coa estrada AC-862 e seguiremos en dirección O Barqueiro ata Loiba e xiraremos á esquerda. Chegaremos ós cantís pola CP-6104

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Pistas, camiños, area e tramos de asfalto.
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 3 horas
DISTANCIA LINEAL: 12 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística e etnográfica
RECOMENDACIÓNS: Levar botas e roupa apropiada. Pódese levar roupa e deixala no bus para cambiarse despois da ruta
BREVE DESCRICIÓN: Comezaremos esta última etapa nos cantís de Loiba. Baixaremos atravesando praias como Sarridal e veremos curiosas formacións nos penedos e illotes na costa dos cantís.
Chegaremos a Espasante, onde poderemos visitar o seu castro e a garita da Vela. Finalmente camiñaremos ao longo da praia da Concha onde finalizaremos a ruta.
Ao remate da mesma, o bus levaranos ata Ortigueira onde daremos conta dunha boa laconada en Giz, na estrada que sae de Ortigueira cara a Ferrol. No prezo da saída vai incluido este xantar.

Menú:Sopa de cocido
Cocido (carne, garbanzos, verdura, patacas, etc)
Postre: orellas e filloas
Viño da casa, gaseosa, auga, café e chupitos
O xantar comezará entre as 14:30 e 15:00 horas
OUTROS DATOS: Pararemos a almorzar en Ortigueira
« Voltar