« Voltar

Rural de Galicia, 1ª etapa


Ruta Rural de Galicia 1.pdf (1.666 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concellos de Vigo, Redondela e Soutomaior
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 1 de Abril de 2017
PREPARADA POR: Directiva
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios, 15€ para os non socios federados e 17€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 30 de Marzo de 2017, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Dende O Burgo coller a AP-9 ata Vigo. Saír na saída do Aeroporto e Buenos Aires, xirar á esquerda para enlazar coa N-550 en dirección Redondela e coller á dereita pola estrada de subida cara á Madroa. Pasamos polo parking de VigoZoo. Continuamos pola estrada de subida ao monte Vixiador por Herminde. Baixamos na carretera de Trasmañó xunto ao panel da necrópole de Monte Penide.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Pistas de terra, camiños e tramos de asfalto
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 7 horas
DISTANCIA LINEAL: 20,5 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística e etnográfica
RECOMENDACIÓNS: Ruta con pouca sombra, con moitos tramos de asfalto e moitas subidas e baixadas.
BREVE DESCRICIÓN: Nesta etapa atravesaremos a área forestal de Candeán, preto de monte Penide e o seu campo de mámoas. Baixaremos cara a Redondela, subiremos á parroquia de Quintela e atravesaremos a de Castiñeira.
Despois subiremos a ladeira do monte Alxán, enfrente de O Viso para alcanzar Moreira e finalizaremos esta primeira etapa no Castelo de Soutomaior.
OUTROS DATOS: Pararemos a tomar café e mercar o necesario na área de descanso San Simón da AP-9
« Voltar