« Voltar

Fraga da Marronda - Alto Eo


Ruta Fraga da Marronda.pdf (511 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concello de Baleira (Lugo)
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 20 de Maio de 2017
PREPARADA POR: Juanjo Cortés
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios, 15€ para os non socios federados e 17€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 18 de Maio de 2017, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: A Coruña
A6 ata Lugo
LU 530 ata O Cádavo
LU 750 ata a glorieta da Graña
A Graña

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Lineal
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 7,5 horas
DISTANCIA LINEAL: 19,5 Km.
INTERESE DA RUTA: Natural, paisaxística, etnográfica, cultural, …
RECOMENDACIÓNS: Calzado e roupa adecuada. Pode ser de utilidade o uso de bastóns para o descenso.
BREVE DESCRICIÓN: A Fraga da Marronda é un exemplo excepcional de bosque autóctono galego que ocupa unha extensión de 611 Ha. entre as aldeas da Braña, Fórneas, Mendreiras, O Real e Martín. Nunha zona de media montaña, con valores altitudinais comprendidos entre os 450 e 925 m., medra esta vigorosa e atractiva masa natural que destaca pola elevada variedade de especies vexetais e animais que nela habitan. Incluida na “Rede Natura 2000”, a Marronda ten como principal singularidade a de constituír unha parte do límite sur occidental da faia en Europa, erixíndose coma unha das máis importantes reservas desta árbore na parte sur occidental do vello continente.
Máis de cento setenta especies de árbores e arbustos conviven na Marronda. Son protagonistas da diversidade vexetal: faias, castiñeiros, carballos, abeleiras, acivros, cancereixos, salgueiros, hedras, toxos, xestas, fentos, arandos, silvas, líquens, mofos, etc.
Entre os representantes da variedade faunística figuran o xabarín, corzo, raposo, xineta, donicela, esquío, azor, gabián, aguia caudal, corvo, perdiz, cuco, bubela, morcego, porco espiño, formigas, vagalumes, lesmas ou os vermes e ácaros do solo forestal.
Atravesamos a Fraga e deixamos a pista para enlazar cun camiño que vai pola ladeira leste do Pico e baixa cara a Mendreiras. Seguimos o noso descenso contemplando, ás veces, os meandros do Eo, A Cortevella e a área recreativa do mesmo nome cara a onde nos encamiñamos para facer un descanso e gozar da fermosa paisaxe fluvial que o río deixa ó seu paso.
A partir de aquí comezamos a remontar o río pola senda dos cazadores, que discorre ao seu carón por unha preciosa Fraga de ribeira salpicada de soutos, ouriceiras e muíños. Deixamos a senda e tras cruzar unha ponte, pasamos pola bonita aldeíña de Cabreiras onde podemos ver a pequena Capela da Pastora. Continuamos pola marxe dereita do Eo para dirixirnos á Ponte de Naseiro onde cruzamos o río para ascender por unha pista que logo deixamos para adentrarnos nun sendeiro que nos conduce á bifurcación que leva á impresionante Fervenza do Pozo da Ferreira. Retomamos a senda que, cruzando unha zona de prados, achéganos a San Paio, que deixamos atrás para, en pouco tempo chegar a Ponte de San Paio onde nos espera o autobús.
OUTROS DATOS: Saida A Graña (N43° 05.147 W07° 16.013)
Chegada Ponte de San Paio (N43° 04.391 W07° 13.907)
Pararemos a almorzar e mercar o necesario en Fonsagrada
« Voltar