« Voltar

Ribeiras do Miño


Ruta Ribeiras do Miño.pdf (417 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concellos de Pantón e O Saviñao
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 30 de Setembro de 2017
PREPARADA POR: Eugenia Pérez e Juanjo Cortés
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios, 15€ para os non socios federados e 17€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 28 de Setembro de 2017, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Dende A Coruña coller dirección A-6 cara Lugo, seguir ata Nadela e coller o desvío cara á CG-22 ata Monforte de Lemos. Dende aquí coller a estrada N-120 dirección Vigo ata a saída de Guítara, xiramos á esquerda cara á antiga N-120, xiramos agora á dereita e a 400 m. chegamos a Segade

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Camiños, sendas e algo de asfalto.
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 6 horas
DISTANCIA LINEAL: 18 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística, natural, etnográfica e cultural
RECOMENDACIÓNS: Roupa e calzado adecuados.
BREVE DESCRICIÓN: A ruta percorre fermosas fragas, soutos e viñedos gozando de impresionantes panorámicas do río Miño. Saímos por un camiño que vai a Marce e despois de baixar polos restos dunha antiga calzada romana, cara a Cima de Atán e a igrexa de San Estevo de Atán. Continuamos cara a Reiríz e Seoane cunhas magníficas vistas do Miño.
Por unha pasarela de madeira achegámonos á fervenza de Augacaída para pasar máis tarde polo miradoiro do Castelo ou das Marabillas.
Ascenderemos por uns viñedos para adentrármonos nun bosque que nos leva ata o Priorato de San Martiño da Cova final do noso percorrido.
OUTROS DATOS: Pararemos a almorzar e mercar o necesario en Monforte de Lemos
« Voltar