« Voltar

Rural de Galicia, 4ª etapa con xantar


Ruta Rural de Galicia 4.pdf (1.399 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concellos de Cotobade e Campo Lameiro
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 2 de Decembro de 2017
PREPARADA POR: Directiva
PREZO DA ACTIVIDADE: 15€ para os socios, 35€ para os non socios federados e 37€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 30 de Novembro de 2017, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Dende O Burgo collemos a AP-9 cara a Pontevedra. Saímos na saída 110 cara a Caldas de Reis. Atravesamos o centro en dirección Cuntis pola N-640 e enseguida xiramos pola PO-221 cara a Moraña. Atravesamos a vila de Campo Lameiro e collemos en dirección a Praderrei pola PO-230 ata cruzar coa estrada N-541. Collemos dirección Pontevedra pasando Dorna e Pedre. Desviámonos á dereita no desvío que pon Carballeira ata a Ermida de San Xusto.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Pistas de terra, camiños e sendeiros de río.
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 3 horas
DISTANCIA LINEAL: 10 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística, etnográfica e histórica
RECOMENDACIÓNS: Levar botas xa que hai que cruzar regos
BREVE DESCRICIÓN: Nesta etapa sairemos da Ermida de San Xusto, baixaremos por camiños cara ao río Lérez, cruzaremos unha ponte medieval e deixaremos o Lérez cruzando a estrada xunto á ponte sobre o Lérez, xusto ao lado da área recreativa de Lodeiro.
Tomamos o sendeiro dos muíños, que remonta o río Maneses. Volveremos a cruzar a estrada para desviarnos cara ao parque de petroglifos de Campo Lameiro onde nos esperan para unha visita guiada. O bus espéranos no aparcadoiro do centro de interpretación para levarnos logo ao xantar.

Menú:
1º Entrantes de setas
2º Xabarín estufado ou cervo (a escoller no momento de apuntarse)
Postre da casa
Viño tinto mencía e branco ribeiro. Café
OUTROS DATOS: Pararemos a tomar café en Caldas de Reis.
No prezo está incluído o xantar nun restaurante de Campo Lameiro.
A visita guiada de Campo Lameiro é opcional e non está incluída no prezo.
« Voltar