« Voltar

Ruta do Medievo, etapa 2


Ruta do Medievo 2.pdf (2.371 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concellos de Monfero e A Capela
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 17 de Febreiro de 2018
PREPARADA POR: Directiva
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios, 15€ para os non socios federados e 17€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 15 de Febreiro de 2018, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Dende O Burgo coller a N-VI cara o centro de Betanzos. No centro da vila, no cruce da ponte sobre o Mandeo tomamos a estrada DP-905 en dirección Irixoa. Collemos logo á esquerda pola estrada AC-152 cara a Monfero, comezaremos na Casa do Concello.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Camiños, sendas e algo de asfalto.
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 5 horas
DISTANCIA LINEAL: 19 Km.
INTERESE DA RUTA: Monumental e Paisaxística
RECOMENDACIÓNS: Levar botas axeitadas ó tipo de senda, que pode estar enchoupada. E aconsellable levar bastóns.
BREVE DESCRICIÓN: A ruta ten dúas partes ben diferenciadas, en cada unha delas teñen protagonismo dous dos mosteiros mais fermosos desta comarca, O Mosteiro de Monfero e o de Caaveiro. Na primeira parte desta ruta iremos en pos do Mosteiro de Monfero: A súa igrexa e única torre teñen unha fachada de liñas barrocas, cun axedrezado de pizarras incrustadas no granito. Antes de chegar aquí percorreremos unhas sendas con partes cheas de fermosura. A segunda parte o protagonismo é xa do Mosteiro de Caaveiro e do parque natural das Fragas do Eume. Entraremos nel a través da vila das Leguas para chegar á central e xa dende aquí percorreremos parte da Ruta dos Cerqueiros ata o Mosteiro, e subiremos cara A Capela pasando polo rio Sesín.
OUTROS DATOS: Pararemos a mercar todo o necesario e tomar o café en Betanzos. A volta faráse por Pontedeume.
« Voltar