As cotas de socio teñen unha duración anual. Podes facerte socio en calquera momento do ano pero dita condición rematará de todas formas o día 31 de decembro dese ano.

Dado que ao facerte socio o prezo inclúe a alta na Federación Galega de Montañismo, e como hai varios tipos de licenzas, á hora de darte de alta debes elixir aquela que máis se adapte ás actividades que farás.

No caso de que te fagas socio e xa contes cunha licenza federativa deberás facernos chegar unha foto ou copia escaneada da parte traseira da licenza onde consten claramente os teus datos.

Podes consultar os detalles do que inclúe cada unha das pólizas e a contía das coberturas de cada modalidade de licenza que podes elixir á hora de federarte, así como as condicións da última renovación vixente das mesmas, na parte superior da nosa Biblioteca Virtual.

Os ingresos para facerse socio poden comezar a facerse a partires, e non antes, do día 1 de xaneiro de cada ano. Para casos excepcionais poñerse en contacto co club.


Para renovar a túa condición de socio só tes que facer o ingreso pola contía correspondente na conta do club indicando claramente o TEU NOME e a continuación “LICENZA (a que corresponda)”. Se hai cambios nalgún dos teus datos persoais, cubre o formulario de altas para novos socios.
Para facerte socio tes que proporcionarnos os teus datos persoais cubrindo o formulario que tes a continuación e logo facer o ingreso na nosa conta do xeito indicado arriba para as renovacións.
amosar formulario

COTAS DE SOCIOS PARA O ANO 2017
ADULTO XUVENIL INFANTIL
MODALIDADE “A” 81 € 54 € 33 €
MODALIDADE “B” 85 € 58 € 34 €
MODALIDADE “C” 125 € 75 € 42 €
MODALIDADE “D” 177 € 105 € 58 €
MODALIDADE “E” 552 € x x
MODALIDADE “OT” 64 € x x
SUPL. BTT +21,60 € +21,60 € +21,60 €
SUPL. ESQUÍ ALPINO +32,40 € +32,40 € +32,40 €
SUPL. ESQUÍ NÓRDICO +6,37 € +6,37 € +6,37 €
SUPL. SNOWBOARD +44,60 € +44,60 € +44,60 €
FEDERADOS CON OUTROS CLUBS 30 €

INFANTIL - ata os 13 anos / XUVENIL - de 14 a 17 anos / ADULTO - a partires de 18 anos

A licenza “OT” é unha licenza tipo “B” só para os meses de outubro, novembro e decembro para persoas que se federan por primeira vez.

Os cambios de modalidade conlevan un gasto de 3 € de tramitación.

Vantaxes dos socios

  • Licenza da Federación Galega de Montañismo.
  • Seguro de accidentes para a práctica de deportes de montaña.
  • Descontos nas instalacións de montaña e prezos especiais nos refuxios e albergues das federacións autonómicas.
  • Todo tipo de actividades relacionadas coa montaña ao longo de todo o ano e acceso a cursos realizados pola Federación (Orientación, Escalada, Rutas, etc.)
  • Programa anual de rutas de sendeirismo durante dez meses ao ano con prezos especiais.
  • Monitores especializados en cada actividade organizada.
  • Acceso a diversas actividades relacionadas coa montaña e o aire libre.
  • Uso do material propiedade do club (raquetas, crampóns, piolets, mapas, etc)
  • Todas as vantaxes que che ofrece a Federación Española (FEDME). Podes consultalas nesta páxina.