SITUACIÓN XEOGRÁFICA: | Concellos de A Capela e Cabanas |
DATA DA ACTIVIDADE: | Sábado, 21 de Xaneiro de 2017 |
PREPARADA POR: | Raquel e Blas |
PREZO DA ACTIVIDADE: | 12€ para os socios, 15€ para os non socios federados e 17€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade |
DATA TOPE PARA APUNTARSE: | Xoves, 19 de Xaneiro de 2017, antes das 15 horas |
COMO CHEGAR: | Dende O Burgo collemos a AP-9 en dirección Ferrol e en Cabanas enlazamos coa AC-564 cara a As Pontes e no pobo de As Neves viramos á dereita pola estrada da central do Eume ata O Pazo. |
TIPO DE SENLLA: | Camiños de río, pistas, corredoiras e algo de asfalto nos enlaces |
DIFICULTADE: | Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta |
DURACIÓN: | 7 horas |
DISTANCIA LINEAL: | 17 Km. |
INTERESE DA RUTA: | Paisaxística, medio ambiental e histórica |
RECOMENDACIÓNS: | Levar roupa de abrigo, impermeable, botas e polainas |
BREVE DESCRICIÓN: | A ruta sae do lugar de O Pazo e dende alí polo vello camiño de Caaveiro cara ao mosteiro, pero antes de chegar ao camiño que sube dos rumores do Sesín, dirixirémonos á fraga nova nunha dura subida por un bosque atlántico case virxe. Este camiño deixaranos na Pena da Águia, que é o punto máis elevado da ruta. Dende aquí dirixirémonos ata o pobo de Xavariz, pertencente ao concello de Cabanas, para baixarmos polos antigos camiños ata o río Eume conectando cos camiños dos encomendeiros, que nos levará ao mosteiro de Caaveiro, onde xantaremos. Despois subiremos a Os Paces para conectar co espazo etnográfico do Sesín nun sendeiro que espertará os vosos sentidos. Dende aquí iremos ver a pedra de mallar e de volta a O Pazo. |
OUTROS DATOS: | Pararemos a almorzar e mercar o necesario en A Capela |