« Voltar

Ruta Rio Sarela e fervenzas Do Rego Gatofero


Rio Sarela.pdf (1.399 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Santiago de Compostela
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 28 de Xaneiro de 2023
PREPARADA POR: Fran
PREZO DA ACTIVIDADE: 15€ para os socios, 17€ para os non socios federados e 20€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 26 de Xaneiro de 2023, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Dende O Burgo tomamos a autoestrada AP-9 ata a saída 55 de Sigueiro, logo tomamos pola N550 e pola SC 20 en dirección ó polígono do Tambre. Pola rúa variante de Aradas, acadamos a DP 0701 que nos deixa no paseo fluvial.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Circular, camiños rurais, sendeiros e un pouco de estrada.
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 5 horas
DISTANCIA LINEAL: 21 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxístico e etnográfico
RECOMENDACIÓNS: Calzado axeitado, botas neste caso e atentos por se chove, a roupa de auga e a de reposto. Sería aconsellable os bastóns.
BREVE DESCRICIÓN: Na primeira ruta do ano, visitaremos un recuncho preto de Santiago de Compostela, rodeado por auga e vexetación. O Rio Sarela e o Rego Gatofero e a súa fervenza. Ademais acercarémonos ata o Monte Pedroso onde poderemos ver unha panorámica da cidade de Compostela.A ruta en si non ten gran dificultade ainda que as grandes choivas destes días fixeron que podamos encontrar zonas complicadas pola auga. E aconsellable o uso dos bastóns e polainas, así como calzado para cambiar ao final da ruta. Por todo isto a ruta está entre a dificultade media-alta polas complicacións que pode haber si non deixa de chover ata que fagamos a ruta
OUTROS DATOS: Pararemos a tomar o café e mercar o pan quen queira en Sigüeiro
« Voltar