« Voltar

Toxosoutos e Rios Vilacoba e San Xusto


toxosoutos.pdf (261 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Lousame e concello de Noia
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 22 de Abril de 2023
PREPARADA POR: Fran
PREZO DA ACTIVIDADE: 15€ para os socios, 17€ para os non socios federados e 20€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 20 de Abril de 2023, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Desde O Burgo collemos a AP-9 ata Santiago. Saímos na saída 75 do Milladoiro para enlazar coa AC-56 e logo a vía rápida CG-1.5 e a N-550 ata Noia.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Circular, camiños rurais, sendeiros e un pouco de estrada.
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 5 horas
DISTANCIA LINEAL: 18 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxístico e etnográifico
RECOMENDACIÓNS: Calzado axeitado, botas neste caso e atentos por se chove, a roupa de auga. Sería aconsellable os bastóns
BREVE DESCRICIÓN: Lousame é un municipio que pertence a comarca de Noia, situada ao norte da península do Barbanza. E ata aquí vimos este mes para visitar entre outras cousas o Mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, que forma parte da ruta dos ríos Vilacoba e San Xusto. Un paseo de madeira entre carballos que nos traslada ao bosque atlántico máis sombrío. A ruta, que segue o curso do río San Xusto, adórnase con fervenzas e rápidos. Chegar ata o templo, fundado no século XII e o punto de partida da exploración, onde ente outras cousas están os restos da antiga fábrica de papel de Maceiriñas, recuberta de verdín por completo.
OUTROS DATOS: Pararemos a tomar o café e mercar o pan quen queira en Noia.
« Voltar