« Voltar

Valle De Ambroz

Última actualización
08/04/2023

INFORMACIÓN DA ZONA



O Val do Ambroz é unha comarca natural encravada ao norte da provincia de Cáceres e ao sur do Sistema Central. Limita cas comarcas de Las Hurdes e Terras de Granadilla ao Oeste, O Val do Jerte ao este, Plasencia ao Sur, así coma a provincia de Salamanca ó Norte (Serra de Béjar). A mancomunidade de municipios deste Val está formada por oito localidades e a súa capital é Hervás.

Con montañas que superan os 2000 metros e teñen nome propio como o Pinajarro, o Valdeamor ou El Camocho, e zonas de vega e dehesa a casi só 450 metro de altitude. Con abundancia de auga, gargantas e ríos, a Garganta Ancha, o rio Santihervás ou o río Ambroz, que da nome ao val. A súa privilexiada situación proporciona invernos suaves e veraos frescos.



Nos curso de auga ràpida que regan o val podemos encontrar especies protexidas como o desmán ibérico. Ademáis, dentro da flora, destacan adobes e castaños na zona alta do val e cerdeiras, ciruelos e hortas na zona Baixa do este.




ALOXAMENTO E PREZOS

Aloxarémonos no Sinagoga Hotel & Spa en Hervás, e durmiremos en habitacións dobres ou matrimonio con baño en réxime de media pensión con picnic. Faremos as necesarias paradas ao longo da viaxe por necesidades de descanso do conductor.

Lembrámosvos que o número de prazas, coma sempre, é limitado e estableceuse en 40 persoas. Por favor, levade coidado á hora de facer os ingresos para evitar despois problemas na adxudicación de prazas que, como xa imaxinades, farase por estrita orde de recepción do ingreso. O prezo será de 350€ para os socios, 400€ para os non socios federados e 450€ para os non socios non federados. Daremos a oportunidade de facer varios ingreso ao longo deste mese, de forma que se aboarán do seguinte xeito:

  • Un ingreso en conta a partires da publicación na web da información de 150€, un segundo prazo de 150€ a partires do 24 de abril para os socios
  • Un ingreso en conta a partires da publicación na web de 175€, un segundo prazo de 175€ para os non socios con licencia federativa en vigor. As datas de pago son as mesmas que para os socios.
  • Un ingreso en conta a partires da publicación na web de 200€, un segundo prazo de 200 para os non socios sen licencia federativa. As datas son as mesmas que para os socios.

A data límite para apuntarse queda fixada antes do 5 de Maio. Os 50€ restantes, pagaránse no autobús. O ingreso pode empezar a facelo todo o mundo a partir deste intre aínda que os socios que formalicen o pago antes do 22 de Abril terán preferencia na asignación de prazas.

A saída farémola o Sábado 13 de Maio e os lugares e horarios de parada do bus, son os seguintes:



LUGAR HORA
O Ventorrillo 06:25 h
Fogar de Santa Margarita 06:30 h
San Pedro de Mezonzo 06:35 h
Parada bus Gaiteira (en fronte Citroën) 06:40 h
Parada bus Os Castros (en fronte Igrexa do Carme) 06:45 h
O Burgo (en fronte Servizos Múltiples) 07:00 h


PROGRAMA PREVISTO DE ACTIVIDADES

13/05/2023

1º DIA (SAB)

 

CHEGADA A BÉJAR E VISITA POLA VILA

14/05/2023

2º DIA (DOM)

 

ALMORZO A PARTIR DAS 08:00
SAÍDA PARA A RUTA ÁS 09:00
Ruta: HERVÁS, BOSQUE DE ROBLEDAL, CASCADA LA CHORRERA
CHEGADA AO HOTEL ÁS 20:00
CEA ÁS 21:00

15/05/2023

3º DIA (LUN)

 

ALMORZO A PARTIR DAS 08:00
SAÍDA PARA A RUTA ÁS 09:00
Ruta: CORRAL DE LOS LOBOS, POZO DE LAS NIEVES, VALLE DE SANTIHERVÁS, PAISAJE PROTEGIDO DEL CASTAÑAR GALLEGO, CASTAÑAR DEL DUQUE
CHEGADA AO HOTEL ÁS 20:00
CEA ÁS 21:00

16/05/2023

4º DIA (MAR)

 

ALMORZO A PARTIR DAS 08:00
SAÍDA PARA A RUTA ÁS 09:00
Ruta: ALDEANUEVA DEL CAMINO, SEGURA DE TORO, LAGARES CELTAS, TORO CELTA DE SEGURA, CASTAÑOS DEL TEMBLAR
CHEGADA AO HOTEL ÁS 20:00
CEA ÁS 21:00

17/05/2023

5º DIA (MER)

 

ALMORZO ÁS 08:00
SAÍDA PARA A RUTA ÁS 09:00
Ruta: VISITA GUIADA BARRIO XUDEU HERVÁS
SAÍDA PARA CORUÑA
CHEGADA A O BURGO SOBRE AS 21:00



HERVÁS, BOSQUE DE ROBLEDAL, CASCADA LA CHORRERA, PISTA HEIDI 



  • Inicio e chegada: Hervás
  • Distancia: 21 Km
  • Tempo estimado en movimento: 5 horas
  • empo estimado total: 7 horas
  • Tipo de ruta: circular
  • Dificultade: media-alta

Tipo de camiño é pista e sendeiro e a paisaxe podedes desfrutar dun bosque de castiñeiros e carballos, piñeirais e alta montaña. E un percorrido moi popular entre a BTT. Debe o seu nome ao feito de que cando trazóuse e abríuse a pista coincidíu coa primeira emisión en televisión da serie de debuxos animados “Heidi”. A pista fíxose para realizar unha importante repoboación de piñeiros, en cotas superiores ao 1000 metros de altitude e donde o castiñeiro xa non prospera adecuadamente. Discorre na súa maior parte por unha cota de 1100 metros , o que permite unha visión xeneral do Valle de Ambroz, en prácticamente todo o percorrido, así coma das cumes de este sistema montañoso. Outro atractivo o constitúen a cantidade de pequenos arroios que cruzamos, todos eles tributarios do Río Ambroz, este último tamén o debemos pasar , e se mantemos un momento o silencio, escoitaremos o ruido que fan as súas augas ao despeñarse polo salto chamado LA CHORRERA, que nese punto, queda moi cerca deste sendeiro. O itinerario convértese, a pouco que nos fixemos, nun percorrido polos pisos bioclimáticos do Valle do Ambroz, a saída e chegada a Hervás predominan os frutais, ven logo o bosque caduciforme ( entre 700 e 1000 metros) que neste caso é de castiñeiros e carballos, superados os mil metros as coníferas son as que dominan a paisaxe e por último vénse, por encima dos 1500 metros , as escobas e breixos. Non será raro que voitres leonados sobrevoen o sendeiro nun ir e vir da súa vuitrera instalada moi cercana ao kilómetro sete e que aumentou os números de exemplares da súa colonia.

CORRAL DE LOS LOBOS, POZO DE LAS NIEVES, VALLE DE SANTIHERVÁS, CASTAÑAR GALLEGO, CASTAÑAR DEL DUQUE  

  • Inicio: La Garganta
  • Chegada: La Gagantilla
  • Distancia: 17 kms.
  • Tempo estimado total: 6h 30m
  • Travesía

O curral dos lobos é denominación da paraxe onde ubícase unha antiga trampa para cazar lobos, en forma de curral de pedra ao nivel do chan. O funcionamento era o eiguiente: deixábase un cebo para chamar o lobo, que saltaba dentro do curral sin darse conta de que a súa especial construcción (con pedra lisa e paredes altas) lle impedía sair de novo, co que era capturado.

O Nevero, antigo pozo da neve situado en La Garganta. Era unhas das actividades económicas máis importantes dos principios de século. Os antigos pozos de neve servían para almacenar a neve durante o inverno, para vendela despois en grandes bloques, utilizando grandes cuadrillas de arrieiros e incluso o tren como medio de transporte. Na actualidade a maioria dos pozos que existiron están en ruinas e tapados, pero un deles recuperóuse, convertíndose nun dos símbolos do pobo. Este pozo, duns 6 metros de profundidade está levantado sobre pedra , esta situado nunha posición estratéxica para manter durante máximo tempo posible o xeo, escondido entre ás sombras dun piñeiral. Si hai unha árbore que identifica ó Valle de Ambroz, sen dúbida, o castiñeiro, ao viaxeiro chámalle a atención a grande masa boscosa que exténdese pola ladeira dos Montes de Traslasierra, é a especie predominante entre os 600 e os 1000 metros de altura , ainda hai no Val máis de 1000 hectáreas plantadas con esta árbore, e unhas 600 delas forman un bosque continuo e homoxéneo.

Estas últimas hectáreas divídense en dúas partes, separadas pola Garganta de Andrés , o Castañar Gallego en Hervás e o Castañar do Duque en Aldeanueva del Camino. Interesante resulta fixarse no aproveitamento racional que do bosque viñase realizando dende xeneracións. Veremos que está parcelado en “rodales”, postes de formigón, procedendo a tala anual de algún deles, pero coidando sempre a súa posterior rexeneración para talas posteriores. E paseando por este bosque cando entenderemos a importancia que tivo ata principios do século XIX a fabricación de mobeis de castiñeiro. E antes diso de eiquí tamén saían a materia prima necesaria ara cestos, banastas e toneis que surtían o mercado nacional.

SEGURA DE TORO, LAGARES CELTAS, CASTAÑOS DEL TEMBLAR 

  • Inicio: Aldeanueva del Camino
  • Chegada: Segura de Toro.
  • Distancia. 15 Kms.
  • Tiempo estimado total: 5 horas.
  • Travesía

Unha viaxe pola cultura vetona no Valle do Ambroz. Os vetones foron un pobo prerromano que habitou esta zona e que vivía da gandeiría. Empezamos a ruta xunto ó Toro Celta que está na praza do pobo, e aprenderemos coas prantas que aparecen no noso camiño. Coñeceremos que era un Lagar e para qué servía, e veremos algúns moi antigos en pedra. O Toro celta de pedra, é un vestixio máis importante que conserva da época romana e ademáis constitúe un símbolo para o pobo, ao que debe o seu nome. Hai varias lendas en torno a él, si se coñece o seu orixe vetón, xunto a un verraco tamén tallado en pedra que se conserva no Museo Provincial de Cáceres, do que hai unha reproducción na praza. Unha destas lendas di que tras a conquista romana os consideraron como símbolos de malos augurios e fóron arroxados a la garganta. Anos despois intentaron rescatalos, pero só conseguiron salvar éste e sen cabeza. Tamén dise que ante o rumor de que o interior do toro albergara un tesouro, romperon a pedra , por iso a greta que hoxe presenta.

VISITA GUIADA BARRIO XUDEU HERVÁS 

A localidade de Hervás é popularmente coñecida por ter a calle máis estreita de España, que mide tan só 50 centímetros, pero tamén polo seu asentamento xudeu, estimado polo século XIV ainda que sin ningúha testemuñaverídica aa o XV. Hoxe en día consérvase un amasijo de callejuelas estreitas e casas con montadura de madeira de castaño e adobe que foron as vivendas de cerca de 45 familias con a sua Cass de la Cofradía e a Sinagoga. O barrio xudeu engloba dende o río Anbroz e a Fonte Chiquita ata a Plaza, que era o lugar de encontró entre as comunidades xudía e Cristián. Algunha das calles todavía conserva a sua esencia , como a de Rabilero, cuyo orixen parace a palabara “rabino”. En 1969 o barrio xudeu de Hervás foi declarado Conxunto histórico Artístico e non é de extrañar, pois o seu recordó conservase en todo o casco antiguo como unha auténtica xoia.

« Voltar