Se non eres socio do club pero dispós da licenza federativa deberás enviar ao correo do club unha foto ou copia escaneada da parte traseira da mesma onde consten claramente os teus datos, antes da primeira actividade que fagas con nós, xa que de non ter constancia de que contas co preceptivo seguro para a realización destas actividades, serache denegada a participación nas mesmas.

Para apuntarse a unha actividade nosa só hai que seguir dous sinxelos pasos.

En primeiro lugar, é necesario facer un ingreso pola contía correspondente na seguinte conta:

Banco IBAN
Santander ES92 0049 7686 0724 1002 9256

¡¡¡ MOI IMPORTANTE !!!: DÉBESE FACER UN INGRESO POR PERSOA.

No ingreso debe especificarse CLARAMENTE o NOME DA PERSOA que se apunta e, sobre todo no caso de non ser socio, débese incluir un TELÉFONO DE CONTACTO e O SEU Nº de DNI. Esto último sobre todo se é a primeira vez que ven connosco. Tamén se pode incluír o nome da ruta na que desexa apuntarse.

De non cumprir estas normas o ingreso considerarase non válido, xa que se non se pode identificar á persoa que fai o ingreso perderá a súa praza na ruta.

Para as rutas dun día, os socios terán preferencia na reserva de prazas se o ingreso se fai ata 7 días antes da ruta. A partires do sábado anterior á ruta estarán en igualdade de condicións que os non socios, é dicir, as prazas adxudicaranse estrictamente pola data de ingreso. No caso de que non quedaran prazas dispoñibles, comunicaráselle ao subscritor e devolveráselle o importe.

Para as rutas de máis dun día, débense consultar as páxinas coas condicións detalladas das mesmas.

En segundo lugar, só tes que presentarte nalgunha das paradas indicadas a continuación e agardar por un bus que levará un cartel co nome do club.

É altamente recomendable consultar sempre a páxina coa información detallada de cada actividade, xa que calquera información relevante da mesma ou cambio que se produza comunicarase ahí.

Non dubides en poñerte en contacto con nós, para aclarar calquera dúbida que teñas, por calquera dos medios dispoñibles que podes ver no apartado “Sobre nós”.


Os lugares de parada do bus e horarios habituais, para as rutas dun día, son os seguintes:

LUGAR HORA
Ventorrillo (en fronte ambulatorio) 7:55 h
Fogar de Santa Margarita 8:00 h
San Pedro de Mezonzo 8:05 h
Parada bus Gaiteira (en fronte Citroën) 8:10 h
Parada bus Os Castros (en fronte Igrexa do Carme) 8:15 h
O Burgo (en fronte Servizos Múltiples) 8:30 h