Normativa do Club
Nesta páxina poderás consultar a normativa de carácter xeral pola que se rexe o club.
1ª) Camiñar en grupo
Co fin de evitar accidentes, ou extravíos de persoas durante o desenvolvemento das nosas actividades,
o Club de Montaña O Carroucho dispón de monitores estratexicamente situados durante o percorrido
establecido, por iso hai que cumprir SETE NORMAS BÁSICAS IMPORTANTES.
- Antes de iniciar a marcha infórmate de quen son os guías.
- Nunca se poderá superar ao guía que encabeza a marcha.
- Se non queres perderte, non perdas de vista ao compañeiro que está diante.
- Se tes un despiste e ao chegar a un cruzamento te encontras só/soa, detente e espera a chegada
do guía de enlace, ou observa o camiño, quizais vexas unha frecha marcada no chan que che indicará
por onde debes continuar.
- Se por algunha necesidade tes que abandonar o camiño, tes a obriga de comunicalo ao guía ou
compañeiro máis próximo, en caso extremo despóxate da túa mochila e deposítaa no camiño, os guías
saberán que hai unha persoa moi preto.
- Nunca te quedes detrás do guía que pecha o grupo.
- A Xunta Directiva pode cambiar algunhas das actividades programadas se as circunstancias o
requiren, así como limitar o número de participantes nalgunha proba para maior seguridade e
funcionamento do grupo.
2ª) Caixa de primeiros auxilios
Pasará a ser responsabilidade persoal de cada socio, a tenza e administración de medicamentos,
vendas e demais artigos sanitarios, para o seu uso persoal, liberando así ao club de medicar ás
persoas lesionadas ou enfermas.
3ª) Preparación de rutas
Para animar aos socios á preparación de rutas tómanse as seguintes medidas:
- Aboaranse 50€ por ruta presentada, tendo en conta que se para a preparación desta se superase
esta cantidade, (con xustificantes) será aboada a diferenza.
- Nas saídas longas aboarase a cantidade estipulada por quilómetro recorrido, máis os gastos de
preparación sen entrar nos devanditos gastos os aloxamentos nin a manutención.
- Nas rutas preparadas polos socios, estes non pagarán, nin traslados nin estanzas. Establécese
un máximo de dous socios por ruta para acceder a este beneficio.
- Se algún socio necesitase a colaboración da directiva para a preparación dalgunha ruta, ten
dereito a solicitar axuda sen rebaixarlle ningún dos seus beneficios pola presentación desta,
establecéndose o mesmo sistema de compensacións xa detallado. O transporte, se é o caso, dos
membros de apoio, será por conta do socio que o solicite.
4ª) Devolución de diñeiro
Para ter dereito á devolución do diñeiro pagado para saír de ruta co club, establécense as seguintes
normas:
- A devolución do importe pagado para a asistencia a unha ruta, só se efectuará no caso de que
se avise con antelación.
Nas rutas DUN DÍA, a data tope para avisar da devandita ausencia con dereito a devolución será ata
as 22,00 horas do mércores anterior á saída, é dicir, tres días antes do día da ruta.
No caso das saídas de VARIOS DÍAS, disponse a obrigatoriedade de avisar antes das 22:00 horas do
SÉTIMO día antes da saída PERDENDO O DEREITO á devolución en caso de non se cumprir este requisito.
- Se se anulase a viaxe de varios días despois do establecido, devolveránselle as cantidades
aboadas, pero descontarase, calquera gasto que sexa revertido ao club como consecuencia da reserva,
máis o 5% polos gastos de xestión e transporte, e se non é suficiente o pagado queda en débeda co
club e mentres non resarza esa débeda non poderá participar nas actividades.
- Se durante a estanza do club en calquera establecemento hostaleiro, algún socio tivese que
ausentarse (xustificadamente), negociaríase o seu caso co hotel. Posteriormente informaráselle se
ten dereito a algunha devolución. Os gastos correspondentes ao transporte non serán, en ningún
caso reembolsables.
5ª) Puntualidade
Para evitar esperas innecesarias nas paradas de recollida habituais establécese o seguinte:
- Estando tipificadas as horas de recollida nas diferentes paradas, tratarase de que o autobús,
inicie o seu percorrido 5 minutos máis tarde da hora indicada. Quere isto dicir, que ao paso do
autobús, se non se está na parada se entende que non se acode á ruta.
- Para facilitar a chegada dos que por calquera causa perderan o autobús, tras unha chamada
telefónica ao móbil do club, esperarase un máximo de 20 minutos máis da hora de partida fixada,
na última parada (a de Servizos Múltiples do Burgo).
Establecéndose este Novo Horario de recollida:
Ventorrillo (en fronte ambulatorio) | 7:55 |
Os Rosales (Green Street) | 8:05 |
Ronda de Nelle (en fronte Cambalache) | 8:10 |
San Pedro de Mezonzo | 8:15
|
Parada bus Os Castros (en fronte Igrexa do Carme) | 8:20 |
O Burgo (en fronte Servizos Múltiples) | 8:30 |
- Nas paradas que se producen como descanso ou como final de ruta se establece o mesmo
procedemento, se darán como máximo 5 minutos de cortesía. Independentemente, dos casos nos que
teñamos que estar a expensas do que ordene o "tacógrafo" do autobús.