Neste apartado incluiremos calquer documentación que pensemos que pode ser de axuda ou interese para todos.
Contido da póliza do seguro de accidentes colectivos que ten suscrito a Federación
Galega de Montañismo para o ano 2024 con Allianz. Deste xeito coñecedes todas as
coberturas ás que tedes dereito.
Tamén podedes consultar o procedemento a seguir en caso de accidente.
Estatutos do Club de Montaña O Carroucho en vigor aprobados en Asamblea Extraordinaria do 7 de Febreiro de 2018 e aprobados pola Dirección Xeral do Deporte o 2 de Abril de 2018.
Regulamento de Réxime Interno en vigor aprobado en Asamblea Extraordinaria do 7 de Febreiro de 2018.
Aquí podedes ler o relato dos acontecementos da expedición ao Aconcagua na que participou un dos nosos socios no 2008, e que a día de hoxe constitúe o record de altura alcanzado por algún membro deste club.
Esta publicación recolle información, datos e consellos que poder resultar de
utilidade para os afeccionados ás actividades relacionadas coa montaña.
Na natureza os fenómenos meteorolóxicos evolucionan a miúdo moi rapidamente e o
descoñecemento dos seus efectos pode comportar consecuencias. Este é un factor máis de seguridade.
Un completo manual no que o autor ao longo de 95 páxinas trata de todos os aspectos
relacionados coa montaña: material, excursionismo, perigos, orientación, etc.
Moi recomendable como manual de introdución para todos os amantes da montaña.
Manual realizado pola Escola Cántabra de Alta Montaña no que se nos presentan os conceptos
básicos do alpinismo e da escalada: os crampóns, os nós, a escalada en neve, a escalada en xeo, os
aseguramentos, etc.
Imprescindible a súa lectura antes de lanzarse a facer actividades en neve.
Extenso manual (223 páxinas) no que se estudian con detalle aspectos como as proxeccións
cartográficas, os conceptos dos mapas topográficos, as curvas de nivel, a orientación por
diversos métodos e unha introducción ao GPS.
Pola profundidade coa que trata algúns temas e os detalles técnicos, non é un manual
indicado para abordar sen ter uns certos coñecementos previos.
Nesta páxina podedes descargar (85 Mb) unha amena e entretida narración dos comezos (tan
diferentes) e a evolución do montañismo en España. Tamén se comentan as tan típicas lendas
que acompañan a moitas montañas, así como os comezos da Federación Española e da Escola Nacional
de Alta Montaña.
Para todos aqueles interesados en saber como chegamos onde estamos ou, simplemente,
pasar un anaco divertido.