As cotas de socio teñen unha duración anual. Podes facerte socio en calquera momento do ano pero dita condición rematará de todas formas o día 31 de decembro dese ano.
Dado que ao facerte socio o prezo inclúe a alta na Federación Galega de Montañismo, e como hai varios tipos de licenzas, á hora de darte de alta debes elixir aquela que máis se adapte ás actividades que farás.
No caso de que te fagas socio e xa contes cunha licenza federativa deberás facernos chegar unha foto ou copia escaneada da parte traseira da licenza onde consten claramente os teus datos.
Podes consultar os detalles do que inclúe cada unha das pólizas e a contía das coberturas de cada modalidade de licenza que podes elixir á hora de federarte, así como as condicións da última renovación vixente das mesmas, na parte superior da nosa Biblioteca Virtual.
Os ingresos para facerse socio poden comezar a facerse a partires, e non antes, do día 1 de xaneiro de cada ano. Para casos excepcionais poñerse en contacto co club.
Cotas socios 2026, licenzas Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada (FEDME):
Cotas socios 2026, licenzas Federación Galega de Montañismo (FGM):
Otras cotas 2026:
| FEDERADOS CON OUTROS CLUBS | 30 € | ||||||||||||
Normas básicas de regulamento de licenzas 2026: