Nesta páxina poderás consultar os aspectos técnicos do desenvolvemento desta web así como a posible solución dos problemas de visualización.
Esta web está desenvolvida do xeito máis neutro posible, é dicir, NON está feita para que se visualice correctamente con ningún navegador en particular senón todo o contrario, tratamos de que se visualice sen problemas en todos os navegadores que podemos probar. Non publicamos nada que previamente non teñamos comprobado que non presenta ningún problema en ningún dos ámbitos de proba dos que dispoñemos.
Se aínda así tes algún problema recomendámosche, en primeiro lugar, que te asegures sempre de que dispós da última versión do teu navegador, ou que utilices algún dos navegadores máis escrupulosos co cumprimento dos estándares internacionais, tamén coñecidos como de “fonte aberta”. Algún dos máis usados é famoso por intentar impoñer os seus propios “estándares” en vez de acatar os dos organismos establecidos para iso.
Os nosos ámbitos de probas son os que podes ver a continuación e, polo tanto, con calquera deles non debes ter ningún problema:
|
Se estás a utilizar algún deles e aínda así tes algunha dificultade, probablemente se deba a algunha configuración particular do teu navegador, xa que cunha configuración “estándar” non hai problemas. En particular, asegúrate de que tes activada a opción de executar código JavaScript xa que é imprescindible para o correcto funcionamento da web. Non é necesario ningún requisito máis, como ter activadas as cookies nin outras opcións.
De calquera xeito, se continúas tendo problemas comunícanos (ao correo que figura no pé das páxinas) que navegador utilizas, a versión deste e o problema concreto que tes e trataremos de arranxalo.
No desenvolvemento desta web úsanse tecnoloxías ben coñecidas e estándares, como:
Para evitar problemas e asegurar a interoperabilidade, cumprimos escrupulosamente cos estándares internacionais máis habituais do World Wide Web Consortium (W3C).
Esta web está feita e mantida por Charlie