« Voltar

Torres de Altamira. Brión


Brion.pdf (889 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Torres de Altamira. Brión
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 20 de Novembro de 2021
PREPARADA POR: Fran
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios, 15€ para os non socios federados e 17€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 18 de Novembro de 2021, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Dende o Burgo collemos a autoestrada AP-9 e na saida 75 tomamos a AG-56 ata a sá saida 5, dende onde seguiremos pola AC-543 cara a Bertamiráns

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Camiños, sendas, paseo fluvial e algo de estrada que coinciden co camiño de Santiago.
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 6 horas
DISTANCIA LINEAL: 23 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística, monumental e etnográfica
RECOMENDACIÓNS: Se non chove, unhas botas de montaña de cana baixa poderían servir de igual maneira, xa que na entrada e saida de Ponte Maceira percorreremos algo de estrada que coincide co Camiño de Santiago
BREVE DESCRICIÓN: Percorreremos parte dos municipios de Brión y Ames onde visitaremos, despois de empezar polo paseo fluvial do Rego de Ameneira e un pequeno bosque que ten nos seus ao redores, As Torres de Altamira, ruinas dun Castelo que queda do que construiuse no século IX sobre os restos dun antigo castro da antiguedade, cunhas vistas estupendas sobre o Val de Amaia. Seguiremos hacia Ponte Maceira, declarado recentemente uns dos pobos máis bonitos de España, pasando pola Igrexa de Santa María de Trasmonte e depois de percorrer sendeiros e camiños onde aparece no medio dun bosque e a ó final dun sendeiro a Ermida de San Xoanciño, remataremos o roteiro percorrendo outro paseo fluvial ao longo do Rego dos Pasos hacia Bertamiráns.
OUTROS DATOS: Pararemos a tomar o café, pero non mercar o pan en Bertamiráns. Tedes que levar todo o indispensable con vós. Gracias. Por suposto a mascarilla dentro do autobús e obrigatoria
« Voltar