« Voltar

Terra Chá. Penas de Rodas


PenasdeRodas.pdf (549 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Terra Chá. Penas de Rodas
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 11 de Decembro de 2021
PREPARADA POR: Fran
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios, 15€ para os non socios federados e 17€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 9 de Decembro de 2021, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Saíndo do Burgo Pola A-6, dirección Lugo deixándoa na saída 510 collemos a LU-107 dirección Rábade e de ahí ata o Pobo da Feira.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Camiños rurais, sendeiros e u pouco de estrada.
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 6 horas
DISTANCIA LINEAL: 14 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxístico e etnográfico
RECOMENDACIÓNS: Coma sempre calzado axeitado, botas neste caso e atentos por se chove, a roupa de auga.
BREVE DESCRICIÓN: Para rematar o ano faremos unha ruta moi sinxela por Outeiro de Rei, denominada en gran parte PR-G 155 Ruta do Miradoiro da Terra Chá, adaptandoa ós gustos do noso club, onde coñeceremos Pena de Rodas. Para uns, tratáse de un amontoamento de pedras sen máis interese; para outros un conxunto megalítico de enorme valor, vinculado ao saber astronómico. Incluso hay estudiosos do lugar que aseguran que poder ser o primer calendario solar da humanidade.
OUTROS DATOS: Pararemos a tomar o café e mercar o pan quen queira en Rábade, sempre pendente das restriccións que nos marque a Xunta de Galicia a dita data.
« Voltar