« Voltar

RUTA E COCIDO EN PAZO DE ANDEADE (TOURO)


Pazo Andeade.pdf (1.978 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Touro
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 19 de Febreiro de 2022
PREPARADA POR: Fran
PREZO DA ACTIVIDADE: 35€ para os socios, 40€ para os non socios federados e 45€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 17 de Febreiro de 2022, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Colleremos a AP-9 dirección Santiago, onde tomaremos a saída de Sigüeiro. Posteriormente collemos a AC-250 Para seguir pola A-54, collemos a saída cara a CP-06065, DP6602 e dende alí cara a Ponte Besabe

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Lineal, camiños rurais, sendeiros e un pouco de estrada.
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 4 horas
DISTANCIA LINEAL: 11,4 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxístico e etnográfico
RECOMENDACIÓNS: Coma sempre calzado axeitado, botas neste caso e atentos por se chove, a roupa de auga.
BREVE DESCRICIÓN: A ruta do mes de Febreiro sempre leva consigo o cocido tradicional de cerca do entroido, no que sempre buscamos un lugar singular da nosa terra para que ademais de poder desfrutar da ruta poder tamén coñecer sitios singulares coma o que toca este ano no Pazo de Andeade , situado en Casa Grande, concello de Touro. A ruta é a dos Tres rios, chamada así porque discorre polos ríos Ulla, Beseño e Lañas e que transcorre polas parroquias de Fao, Cornado e Novefontes, no dito concello de Touro.
OUTROS DATOS: Pararemos a tomar o café e mercar o pan quen queira en Sigüeiro, sempre pendente das restriccións que nos marque a Xunta de Galicia a dita data.
« Voltar