« Voltar

PICOS DE EUROPA

Última actualización
21/03/2022

INFORMACIÓN DA ZONA


Os Picos de Europa son un macizo montañoso localizado no norte de España que pertence a parte central da cordilleira Cantábrica. Ainda que non é moi extenso, a súa cercanía ó mar fai que sexa pródigo en accidentes xeográficos de grande interese. Na actualidade o Parque nacional dos Picos de Europa constitúe o segundo parque mais visitado de España, despois do Parque nacional do Teide (Tenerife).

Esta formación caliza exténdese por Cantabria, León e o Principado de Asturias, e nela destacan a súas alturas, en moitos casos por encima dos 2.500 m e pola súa proximidade ó mar Cantábrico, pois no seu punto mais septentrional apenas distan 15 kilómetros da costa. Xeográficamente os Picos de Europa encóntranse na líña da cordilleira Cantábrica, pero son considerados coma unha unidade independente porque a súa data de formación é mais recente. Ocupan unha superficie total de 67.455 hectáreas repartidas entre as tres provincias.

Os Picos de Europa están divididos en tres macizos: o macizo Occidental O Cornión, o macizo Central ou dos Urrieles, e o macizo Oriental ou de Ándara.

As maiores alturas encóntranse no macizo dos Urrieles , que pasa por ser o máis agreste dos tres, pois catorce da súas cimas superan os 2.600 m de altitude, coa Torre Cerredo, de 2.650 m, como teito destas montañas e tercer máximo de toda a a península Ibérica, despois da Serra Nevada e os Pirineos. Outra montaña que forma parte deste macizo é o Naranjo de Bulnes ou Picu Urriellu, de grande importancia histórica no alpinismo español. Foi conquistado por primeira vez o 5 de agosto de 1904, por Pedro Pidal, marqués de Villaviciosa, e o seu compañeiro de cordada e guía Gregorio Pérez Demaría o Cainejo, pastor natural de Caín de Valdeón, ascensión que se considera coma o nacemento do alpinismo en España.

No macizo Occidental o Cornión, chamado así pola forma de corno que ofrece a sua silueta o ser visto dende o oeste , destaca a Peña Santa, que cos seus 2.596 m de altitude supera en 110 m a seguinte cima deste macizo, a Torre de Santa María ou Torre Santa de Enol. Por estas dúas montañas, a Peña Santa e a Torre Santa, este macizo coñécese asimesmo coma a das Peñas Santas. O macizo Oriental, tamén chamado de Ándara por estar no circo do mesmo nome, é o mais modesto dos tres, tanto en altura (o seu teito , a Morra de Lechugales, alcanza os 2.444 m de altitude) como en verticalidades.


ALOXAMENTO E PREZOS

Aloxarémonos no Hotel Principado de Europa en Poo de Cabrales, e durmiremos en habitacións dobres con baño en réxime de media pensión con picnic, as ceas serán nun restaurante cercano ó hotel. Pararemos a mercar o necesario na área de servicio de Mondoñedo para o xantar do primeiro día que corre por conta de cada un e almorzar.

Lembrámosvos que o número de prazas, como sempre, é limitado e estableceuse en 30 persoas. Por favor, levade coidado á hora de facer os ingresos para evitar despois problemas na adxudicación de prazas que, como xa imaxinades, se fará por estricta orde de recepción do ingreso. O prezo será de 250€ para os socios, 265€ para os non socios federados e 275€ para os non socios non federados, que se aboarán do seguinte xeito, daremos a oportunidade de facer varios ingreso ao longo destes meses, de forma que queda así:

  • Un ingreso en conta a partires de agora de 100€ , un segundo prazo, de 100€ a partires do 18 de Abril para os socios
  • Un ingreso en conta a partires do 21 de Marzo de 115€ , un segundo prazo, de 100€ para os non socios con licencia federativa en vigor.
  • Un ingreso en conta a partires do 15 de Marzo de 125€ , un segundo prazo, de 100€ para os non socios sin licencia federativa.

A data límite para apuntarse queda fixada antes do 2 de maio. Os 50€ restantes, pagaranse no autobús. O ingreso pode empezar a facelo todo o mundo a partir deste intre aínda que os socios que formalicen o pago antes do 1 de maio terán preferencia na asignación de prazas.

A saída farémola na mañá do sábado 14 de Maio e os lugares e horarios de parada do bus, son os seguintes:

LUGARHORA
O Ventorrillo07:25 h
Fogar de Santa Margarita07:30 h
San Pedro de Mezonzo07:35 h
Parada bus Gaiteira (en fronte Citroën)07:40 h
Parada bus Os Castros (en fronte Igrexa do Carme)07:45 h
O Burgo (en fronte Servizos Múltiples)08:00 h

PROGRAMA PREVISTO DE ACTIVIDADES

14/05/2022

1º DIA (SAB)

 

CHEGADA SOBRE AS 13:00
SAÍDA PARA A RUTA ÁS 13:15
Ruta: MONTE CAMBA
CHEGADA AO HOTEL ÁS 19:30
CEA ÁS 21:00

15/05/2022

2º DIA (DOM)

 

ALMORZO ÁS 08:30
SAÍDA PARA A RUTA ÁS 09:00
Ruta: VEGA DE URRIELLU
CHEGADA AO HOTEL ÁS 19:00
CEA ÁS 21:00

16/05/2022

3º DIA (LUN)

 

ALMORZO ÁS 08:30
SAÍDA PARA A RUTA ÁS 09:00
Ruta: PUERTOS DE ALIVA-FUENTE DE
CHEGADA AO HOTEL ÁS 19:00
CEA ÁS 20:00

17/05/2022

4º DIA (MAR)

 

ALMORZO ÁS 08:30
SAÍDA PARA A RUTA ÁS 09:00
Ruta: LLANES. SENDA LITORAL
XANTAR EN RESTAURANTE LA GRANDA ÁS 15:00
CHEGADA A O BURGO SOBRE AS 21:00

MONTE CAMBA 

  • Desnivel Subida: 527 mts.
  • Desnivel baixada: 527 mts.
  • Distancia: 11,5 km.
  • Tempo estimado: 4 horas
  • Tipo de ruta: travesía
  • Dificultade: baixa



A senda de Indias, quedou no olvido a partires da construcción da estrada a finais da decada dos anos sesenta do pasado século; non obstante o camiño é transitable. Discorre labrado en rocha pola ladeira norteña do desfiladeiro do rio Duje, con impresionantes tajos que colgan das estribacions de Portudera e de Peña Main. As torrenteiras augas do rio proceden da veciña Cantabria polo Val a partires do seu nacemento na fonte El Resalao.

1. Acceso:

Pola estrada AS-264 que sae de Cabrales ata Poncebos; aquí tómase a CA-1 ata Tielve, onde diriximonos a parte alta do pobo. Tielve é coñecido pola calidade do seu queso de Cabrales. Dende o lavadoiro ata o pobo parte a marcha por unha pista hormigonada en cuxo inicio existe unha fonte con dous canos.

2. Itinerario:

  • Tielve
  • Majada de Valfrio
  • Majada de Tobaos
  • Cruce camiño de Pirué
  • La Caballar
  • Sotres
  • Inicio Camino Viejo ou Senda de Indias

VEGA DE URRIELLU 

  • Inicio e chegada. Curvona de Sotres, na estrada de Puente Poncebos a Sotres.
  • Desnivel positivo: 1.047 metros
  • Desnivel negativo: 1.047 metros
  • Distancia: 20 kms.
  • Tempo estimado: 8 horas
  • Dificultade: Media-Alta





Ó Pico Urriellu non se lle pode negar o seu carácter emblemático dentro do alpinismo español, cuxa historia nace coa primera ascensión do 5 de Agosto de 1904 por Pedro Pidal e Gregorio Pérez El Cainejo. En medio da vega de Urriellu e a sombra do Naranjo levantase a moderna instalación refugiera que alberga a centos de escaladores atraídos polas paredes del Picu.

1. Acceso:

Accédese pola estrada que dende Puente Poncebos percorre o desfiladero do río Duje ó longo duns 11 kms. Sin chegar o pobo de Sotres, no km. 10,50 coñecido coma la Curvona, neste punto abandoase a estrada para entrar na pista que da acceso os portos de Áliva.

2. Itinerario:

  • La Curvona de Sotres
  • Invernales del Texu
  • Puente Moyeyeres (de origen medieval)
  • Invernales de Canero
  • Collado de Pandébano
  • Collado Vallejo
  • Refugio de Urriellu

PUERTOS DE ALIVA-FUENTE DE 

  • Desnivel subida: 544 mts.
  • Desnivel baixada: 463 mts.
  • Distancia: 16,800 kms.
  • Tempo estimado: 6 horas
  • Tipo de ruta: Travesía
  • Dificultade Baixa/Media





Esta ruta discorre polo val do rio Duje, adentrándose en clara dirección sur polo val, sobre o que sobresae a impoñente figura do Picu Escamellau, xusto encima dos invernales de Sotres. Unha vez chegados a eles, a ruta comeza a ascender pola parte esquerda do val segúndo vamos; pouco a pouco gañase altura ata encontrarnos cun paso canadiense na pista e un aramado, trátase do límite de Asturias e Cantabria. Estamos en Baornedo e pouco despois a pista transcorre por encima dunha antiga morrena, onde temos a ambos os lados unhas extensas praderías entre os macizos Central e Oriental dos Picos de Europa, coñecidas como os portos de Áliva. Deixando atrás o paso das portillas, abandoase a pista para pasar a unha senda que se adentra nos frondosos bosques de haxas e carballos da vertente meridional do Picu Valdecoro.

1. Acceso:

Accédese pola estrada que dende Puente Poncebos recorre o desfiladero do río Duje ó longo duns 11 kms. Sin chegar ao pobo de Sotres, no km. 10,50 coñecido coma a Curvona, neste punto abandoase a estrada para entrar na pista que da acceso ós portos de Áliva.

2. Itinerario:

  • Desvio pista Áliva (en los invernales del Texu)
  • Vegas del Toro (o de Sotres)
  • Piedra Lié
  • Llomba del Toro
  • Capilla Virgen de las Nieves (la Santuca de Áliva)
  • Cruce de El Tesoro
  • Fuente de los Asturianos o Campujitu
  • Portillas del Boquejón
  • Bosques Pico Valdecoro
  • Fuente De

LLANES. SENDA LITORAL 

Son mais de 30 kilometros de percorrido para practicar o sendeirismo ou o paseo en bicicleta. Tránsitase pola costa de todo o municipio, de oeste a leste, ou de leste a oeste, coma se queira, dende Bustio, no concello veciño de Ribadedeva, ata Gauadamía en Ribadesella ou viceversa. Eso sí, pódese comenzar en calquera zona do concello, onde máis apetezca e camiñar logo o que a un lle venga en gana. Nesta senda costeira de Llanes destacan sobre maneira os espazos abertos que se descobren sobre os acantilados. Cun día soleado as montañas casi reflicten no mar, confúndense os relevos nun cadro de extraordinarias proporcións. Camiñar por esta senda costeira é descubrir unha das paisaxes mellor rematadas da arquitectura natural asturiana. Se de paso imos facendo escalas nas aldeas que saen ao noso encontro, descubrimos miles de idiosincrasias separadas por apenas centeares de metros. Pontos destacables do recorrido, por destacar algún en especial a modo de hitos para os amantes da xeografía e as referecias:

De oeste a leste, por exemplo: Area recreativa de Guadamia (proverbial rincón habilitado para o descanso, agochado no acantilado, pódense apreciar nas inmediacions as pontes naturais de rocha que o mar foi construindo), Miradoiro do Campo de Golf, (espectacular panorámica dos Picos de Europa, Cordilleira Cantábrica e o mar aberto, todo ó alcance da man), a zona de Puertas de Vidiago, Bufones de Arenilla (saltos de auga bravía que son monumento natural) e ídolo de Peña Tú (representacions artísticas da Idade do Bronce), Pendueles (un pobo cunha mostra de Casas de Indianos casi única), Buelna (un enclave rural fermoso, cunha cala inolvidable incluida), Pimiango (alberga as Covas rupestres do Pindal, de extraordinaria importancia, e un percorrido sobre a costa alta moi recomendable).

Remataremos a xornada xantando no Restaurante La Granda antes do noso retorno a A Coruña.

« Voltar