« Voltar

ROTEIRO FERVENZA DAS HORTAS


Fervenza das Hortas.pdf (1.258 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Arzúa
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 28 de Maio de 2022
PREPARADA POR: Fran
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios, 15€ para os non socios federados e 17€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 26 de Maio de 2022, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Dende O Burgo pola A-6 ata a saída da AC-840 onde iremos ata As Corredoiras onde tomaremos a AC-234 dirección Arzúa, unha vez pasado Arzúa, AC-905 ata a Capela de Fonte Santa

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Lineal, camiños rurais, sendeiros e un pouco de estrada.
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 5 horas
DISTANCIA LINEAL: 21 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxístico e etnográfico
RECOMENDACIÓNS: Calzado axeitado, botas neste caso e atentos por se chove, a roupa de auga.
BREVE DESCRICIÓN: Este mes de Maio ficaremos a nosa atención nun PRG o 169 coñecido pero ao mellor pouco utilizado, un pequeno recorrido onde a xustificación está ó final da ruta, A Fervenza das Hortas. Neste traxecto coñeceremos camiños onde a variedade é a súa característica. Comezaremos na Capela de Fonte Santa e o seu río, ata o encoro de Portodemouros onde un pequeno museo de setas feito con árbores ainda que un pouco abandoado xa, nos espera para contemplalo. E asi entre camiños chegaremos ata coñecer esta famosa fervenza.
OUTROS DATOS: Pararemos a tomar o café e mercar o pan quen queira en Arzúa.
« Voltar