« Voltar

COSTA DA VELA


Costa da Vela.pdf (1.885 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concello de Cangas do Morrazo
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 18 de Xuño de 2022
PREPARADA POR: Jaime
PREZO DA ACTIVIDADE: 12€ para os socios, 15€ para os non socios federados e 17€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 16 de Xuño de 2022, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Saíndo do Burgo Pola A-6, dirección Pontevedra deixándoa na saída 146 collendo a AG-46 at a o final, e continuando pola CG-4.1 ata o poligono de Castiñeiras, onde tomamos a VG-4.6 ata o cruce de Santo Amaro onde collemos a PO-315 cara a esquerda.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Lineal, camiños rurais, sendeiros e un pouco de estrada.
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 5 horas
DISTANCIA LINEAL: 19,5 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxística e etnográfica
RECOMENDACIÓNS: Calzado axeitado, botas neste caso e atentos por se chove, a roupa de auga.
BREVE DESCRICIÓN: Recordaremos unha das rutas máis bonitas, con algunha variación pequena, que fixo o club na súa existencia. Elección feita xa que o club cambiou moito neste 23 anos. E é unha zona espectacular. Xa na antiguidade este lugar asomado espectacularmente en acantilados de mais de 150 metro sobre o mar era un lugar de peregrinación. A beleza dos miradoiros marinos xunto coas praias e os xacimentos arqueolóxicos seguen sendo na actualidade os atractivos deste excelente destino natural ente as rías de Vigo e de Pontevedra.
OUTROS DATOS: Pararemos a tomar o café e mercar o pan quen queira en Aldán.
« Voltar