Última actualización |
31/07/2022 |
A comarca da Garrotxa situase no nordeste de Catalunya, entre o Alto Ampurdán e o Ripollés, provincia de Girona, e se subdivide en dúas partes ben diferenciadas: a Alta Garrotxa e Baixa Garrotxa. O espacio natural da Alta Garrotxa presenta unha paisaxe abrupta, de estreitos e profundos vales rodeados de altos riscos e paredes de roca. En cambio, a Baixa Garrotxa é suave e húmida, os vales son chans polo efecto da actividades volcánica e elo propiciou o desenrolo das poboacións máis importantes da comarca, sendo Olot a súa capital.
O Parque natural da Zona Volcanica da Garrotxa é o mellor exemplo de paisaxe volcánico da península ibérica e uns dos mais importantes de Europa. En 1982 foi declarado Paraxe Natural de Interese Nacional con áreas de Reservas Integrais de interese Xeobótanico. Estendese por un territorio de media montaña de 12.000 ha, onde contabilizáronse 38 conos volcánicos. O seu releve presenta altitudes de 200 m de altura en Castellfolit de la Roca ata 1100 m no Puigsallança, punto culminante da Serra de Finestres. A Garrotxa é terra de natureza, a variedade de vexetación e fauna é extraordinaria. O elevado índice de pluviosidade, a variedade de substratos e as diferencias de altitude e orientación das serras son motivos para que nun espazo tan pequeno poida atoparse dende vexetación de tipo centroeuropeo ou de tendencia atlántica.
A comarca conta con numerosos pobos medievais, ermitas rómanicas , calzadas romanas, etc. A comarca ten unha extensión de 735,4 km cadrados. Comprende a alta cunca do Fluviá, e as cabeceiras dos arroios de Ames e de LLémena. O territorio non é homoxéneo e pódense considerar, tanto dende o punto de vista físico como humana, dúas subcomarcas:
o sector que se estende ó norte do Val do Fluviá, denominado Alta Garrotxa, e o que ocupa a parte meridional, coñecido correntemente por comarca de Olot. No sector occidental, a cubeta de Olot-Santa Pau, a presenza de materiais volcánicos contribúe a dar acusada personalidade a paisaxe. As formas que máis resaltan na paisaxe son o conos volcánicos, uns 40, entre os que destacan o Croscat e o Volcán de Santa Margarida.
Aloxarémonos no Hotel Riu Fluviá en Olot, e durmiremos en habitacións dobres con baño en réxime de media pensión con picnic. Faremos a diversas paradas ao longo da viaxe por necesidades de descanso do bus. Ao regreso durmiremos no Hotel Ciudad de Burgos na noite do 15 Outubro en réxime de aloxamento e almorozo para continuar a viaxe a Coruña o 16 de Outubro.
Lembrámosvos que o número de prazas, como sempre, é limitado e estableceuse en 40 persoas. Por favor, levade coidado á hora de facer os ingresos para evitar despois problemas na adxudicación de prazas que, como xa imaxinades, se fará por estricta orde de recepción do ingreso. O prezo será de 670€ para os socios, 690€ para os non socios federados e 700€ para os non socios non federados, que se aboarán do seguinte xeito, daremos a oportunidade de facer varios ingreso ao longo destes meses, de forma que queda así:
A data límite para apuntarse queda fixada antes do 30 de setembro. Os 50€ restantes, pagaranse no autobús. O ingreso pode empezar a facelo todo o mundo a partir deste intre aínda que os socios que formalicen o pago antes do 31 de agosto terán preferencia na asignación de prazas.
A saída farémola na noite do Domingo 9 de Outubro e os lugares e horarios de parada do bus, son os seguintes:
|
09/10/2022 1º DIA (DOM) | SAIDA DA VIAXE | |
10/10/2022 2º DIA (LUN) | CHEGADA SOBRE AS 13:00 | |
11/10/2022 3º DIA (MAR) | ALMORZO ÁS 08:30 | |
12/10/2022 4º DIA (MER) | ALMORZO ÁS 08:30 | |
13/10/2022 5º DIA (XOV) | CHEGADA SOBRE AS 13:00 | |
14/10/2022 6º DIA (VEN) | ALMORZO ÁS 08:30 | |
15/10/2022 7º DIA (SAB) | ALMORZO A PARTIR DAS 07:30 DURMIREMOS NO HOTEL CIUDAD DE BURGOS EN RÉXIME DE ALOXAMENTO E ALMORZO A CEA POR CONTA PROPIA | |
16/10/2022 8º DIA (DOM) | ALMORZO ÁS 08:30 |
|
Este é o sector máis emblemático da Zona Volcánica da Garrotxa, na zona do bonito pobo de Santa Pau. Faremos un recorrido no que enlazaremos os 3 puntos mais populares do Parque Natural. Combinaremos tramos de ruta por camiños moi concorridos – pero absolutamente imprescindibles- con algúns tramos menos concorridos Punto de inicio e fin: Centro de información do parque natural de Can Serra (Santa Pau).
Este día faremos a ruta “estrela” da Alta Garrotxa.
Empezaremos a ruta no pobo de Sadernes. Dende este punto adentarémonos no Val de Sant Aniol avanzando polo lado do río. Pronto verémonos rodeados por os grandes acantilados calizos, a frondosidade dos bosques de aciñeiras e o gran colorido da ribeira: fresnos, olmos, avellanos, castiñeiros... De camiño o refuxio e ermida de Sant Aniol d’Aguja, tomaremos conciencia do escenario sublime que nos rodea, un auténtico santuario natural que fai falta coñecer, querer e protexer. O percorrido animaráse con un conxunto de ponte antigos e novos e descubriremos covas, balmas e pozas ata chegar finalmente a ermida de Sant Aniol. O regreso a Sadernes o faremos polo camiño de Salt de la Núvia, un sendeiro na cornixa da montaña que nos ofrecerá magnificas vistas de todo o Val de Sant Aniol.
|
Sairemos de Olot polo extremo sur e despois de percorrer a chaira comprendida entre Olot e o municipio de Les Preses –onde podemos visitar o bonito Parque de Pedra Tosca- tomamos o camino que nos leva ata a cima do volcán do Puig Rodó, un fantástico miradoiro con moi boas vistas ata o sector oriental da Garrotxa. Dende aquí percorreremos a parte alta dos desfiladeros do Corb, tamén con moi boas vistas e finalmente descenderemos ata Olot.
Este día o dedicaremos a facer unha excursión por pobos característicos desta rexión ata Cap de Creus onde xantaremos. Uns destes é Besalú. A ponte medieval de Besalú é sen dúbida o mais fotografado de Catalunya. Todo o pobo mantén o espírito medieval e é considerado uns dos pobos máis bonitos do país. No interior de Besalú consérvanse os antigos baños xudeus (Miqve xudeu de Besalú que se poden visitar cos tours guiados que ofrece a ofician de turismo local. Outros lugares de interese que se poderá visitar dentro da cidade son o Mosteiro Benedictino de Sant Pere do século X, a Praza Maior, o Barrio Xudeu e o museo de miniaturas de Besalú.
Outro pobo é Castellfolit de la Roca. Este pobo está construído sobre impresionantes columnas basálticas, creando unha das postais máis famosa de Garrotxa. Si subimos ó pobo, poderemos percorrer o casco antigo construído con pedras e chegar o miradoiro Josep Pla, xusto na punta de cidades. Tamén podemos visitar a Igrexa de San Salvador, xusto antes do miradoiro que foi construída no século XIII. Podemos subir a torre e poder contemplar toda a paisaxe que nos rodea. Unha ruta fácil que podemos realizar transcorre polo centro do pobo, pasando por unha ponte de madeira que cruza o Rio Fluvia ata chegar a unhas escaleiras para subir o miradoiro. En tan só 50 minutos podemos contemplar os puntos máis bonitos e importantes de Castellfolit. E si sobra máis tempo, outra ruta levarános a descubrir a Igrexa da Mare de Deu de Mont-Ros, a Igrexa de Deu de la Devesa e as Covas de Caixurme. Xa despois iremos a xantar o Restaurante do Cap de Creus un dos puntos máis oriental da península Ibérica, situado ó norte do golfo de Rosas. É un promontorio abrupto e rochosa de 67’2 m de elevación que álzase n sobre o mar mediterráneo no nordeste de España na provincia de Girona. A paraxe que a rodea foi declarado parque natural en 1998 debido a súa riqueza xeolóxica. E xa de volta intentaremos parar en Cadaqués (Cap de Quers o Cap d’Arques, que tradúcese por Cabo de Rochas). Eiquí destaca a Casa Museo de Salvador Dalí o Castelo de San Jaume, fortaleza declarada de en Cultural de interese nacional, museo de Cadaqués o casco antigo e a Igrexa de Santa María.
|
Este dia faremos unha ruta polo extremo sur da Garrotxa, concretamente en la Vall d’en Bas e subindo ó Puigsacalm, que é unha das montañas máis emblemáticas da Garrotxa e un excelente miradoiro de todo o Pirineo. Sairemos de Joanetes, facendo un percorrido moi atractivo pero algo complexo. Este percorrido permítenos descubrir o macizo do Puigsacalm, situado na cordilleira Transversal, a poñente da comarca da Garrotxa e limítrofe con Osona. Este macizo está dentro do Espazo Protexido de Interese Natural Puigsacalm-Bellmunt, que queda repartido en tres comarcas: Osona, Ripollés e Garrotxa. O itinerario proposto nos permite coñecer a vertente meridional do Puigsacalm, superando un desnivel de casi 1000 m sobre o Vall d’en Bas e ascendendo polos espectaculares riscos de Santa Magdalena polo camiño dos Ganxos Nous – entre aciñeirales, hayedos e bosques de carballos- ata alcanzar as cimas do Puisacalm (1514 m) e do Puig dels Llops (1486 m)