TIPO DE SENLLA: | Circular, camiños rurais, sendeiros e un pouco de estrada. |
DIFICULTADE: | Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta |
DURACIÓN: | 5 horas |
DISTANCIA LINEAL: | 19 Km. |
INTERESE DA RUTA: | Paisaxístico e etnográfico |
RECOMENDACIÓNS: | Levade calzado axeitado, botas neste caso e atentos por se chove, a roupa de auga. |
BREVE DESCRICIÓN: | Nesta ruta teremos ocasión de percorrer fermosos bosques, miradoiros naturais e o conxunto arqueolóxico de Pedra Fita, e todo isto moi preto de Lugo. Cruzaremos o Miño para partir da depuradora de augas e encamiñarnos pola súa senda fluvial ata o arroio de Portaforoso, dende onde alcanzaremos os montes do Cordal cunha panorámica da cidade de Lugo. Seguiremos ata Penas de Ombreiro, con numerosas formacións pétreas, e continuaremos para ver uns dos conxuntos arqueolóxicos máis sorprendentes de Galicia. |
OUTROS DATOS: | Pararemos a tomar o café e mercar o pan quen queira en Rábade. |