SITUACIÓN XEOGRÁFICA: | Concello Oza-Cesures |
DATA DA ACTIVIDADE: | Sábado, 17 de Decembro de 2022 |
PREPARADA POR: | Suso e Fran |
PREZO DA ACTIVIDADE: | 12€ para os socios, 15€ para os non socios federados e 17€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade |
DATA TOPE PARA APUNTARSE: | Xoves, 15 de Decembro de 2022, antes das 15 horas |
COMO CHEGAR: | Dende o Burgo tomamos a autoestrada A-6, dirección Lugo, e collemos a saída 565 de Oza e collemos a AC-840 ata o lugar de Reixidoira. |
TIPO DE SENLLA: | Circular, camiños rurais, sendeiros e un pouco de estrada. |
DIFICULTADE: | Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta |
DURACIÓN: | 5 horas |
DISTANCIA LINEAL: | 17 Km. |
INTERESE DA RUTA: | Paisaxístico e etnográfico |
RECOMENDACIÓNS: | Nesta ruta existen varios tramos de especial dificultade, por este motivo recomendamos o uso de bastóns e calzado adecuado, sobre todo si chove. |
BREVE DESCRICIÓN: | Imos comezar a ruta no lugar de A Rexidoira, parroquia de Filgueiras de Barranca, no municipio de Cesuras. Trátase dun espazo natural de gran atractivo paisaxístico, a beira do río Mendo, considerado afluínte directo do Mandeo. Dende este enclave podemos acceder a un pequeno sendeiro que nos conducirá a catro bonitas fervenzas, a través das cales o río Mendo salva o desnivel natural do releve. Así, ademais de desfrutar da riqueza paisaxística do lugar e de deleitarnos cos sons da natureza, na area de A Rexidoira, comezaremos nosa andaina seguindo a Ruta da Rexidoira (SM 17). Continuaremos polos montes do arredor para no último tramo tomar a ruta SM 16 ata area recreativa de Agra de Reboredo. Hai que ter en conta que existen tramos de especial dificultade, sobre todo preto das fervenzas , e no SM 16, no tramo da beira do río, onde pode esvararse, ademais duns troncos caídos. Atendede ás recomendacións dos guías en todo momento. |
OUTROS DATOS: | Pararemos a tomar o café e mercar o pan quen queira en Oza |