TIPO DE SENLLA: | Circular, camiños rurais, sendeiros e un pouco de estrada. |
DIFICULTADE: | Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta |
DURACIÓN: | 5 horas |
DISTANCIA LINEAL: | 21 Km. |
INTERESE DA RUTA: | Paisaxístico e etnográfico |
RECOMENDACIÓNS: | Calzado axeitado, botas neste caso e atentos por se chove, a roupa de auga e a de reposto. Sería aconsellable os bastóns. |
BREVE DESCRICIÓN: | Na primeira ruta do ano, visitaremos un recuncho preto de Santiago de Compostela, rodeado por auga e vexetación. O Rio Sarela e o Rego Gatofero e a súa fervenza. Ademais acercarémonos ata o Monte Pedroso onde poderemos ver unha panorámica da cidade de Compostela.A ruta en si non ten gran dificultade ainda que as grandes choivas destes días fixeron que podamos encontrar zonas complicadas pola auga. E aconsellable o uso dos bastóns e polainas, así como calzado para cambiar ao final da ruta. Por todo isto a ruta está entre a dificultade media-alta polas complicacións que pode haber si non deixa de chover ata que fagamos a ruta |
OUTROS DATOS: | Pararemos a tomar o café e mercar o pan quen queira en Sigüeiro |