SITUACIÓN XEOGRÁFICA: | Concellos de Noia e Boiro |
DATA DA ACTIVIDADE: | Sábado, 11 de Marzo de 2023 |
PREPARADA POR: | Fran |
PREZO DA ACTIVIDADE: | 15€ para os socios, 17€ para os non socios federados e 20€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade |
DATA TOPE PARA APUNTARSE: | Xoves, 9 de Marzo de 2023, antes das 15 horas |
COMO CHEGAR: | Desde O Burgo collemos a AP-9 ata Santiago. Saímos na saída 75 do Milladoiro para enlazar coa AC-56 e logo a vía rápida e a N-550 ata Noia. |
TIPO DE SENLLA: | Circular,camiños rurais, sendeiros e u pouco de estrada. |
DIFICULTADE: | Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta |
DURACIÓN: | 5 horas |
DISTANCIA LINEAL: | 15,7 Km. |
INTERESE DA RUTA: | Paisaxístico e Etnográfico |
RECOMENDACIÓNS: | Calzado axeitado, botas neste caso e atentos por se chove, a roupa de auga.Sería aconsellable os bastóns. |
BREVE DESCRICIÓN: | A ruta deste mes levarános ata una zona que fai anos fixemos co club, como a grande maioria non tivo ocasión de facela, volvemos a organizala. Na aquel ano a ruta levounos ate case A Pobra do Carmiñal. Esta vez a ruta recorre un parque arqueolóxico de moito interese, xa que conta con grande cantidade de mámoas e lugares funerarios, moitas delas sen escabar (as localizaremos pola terra elevada o seu redor) e outras onde apreciase a entrada. Ente elas estará a Casarota do Fusiño, A Portela, Arca do Barbanza, Porto Traveso, A Cavada, Pedra da Xesta, entre outras. As mamoas son enterramentos do periodo Neolitico, onde enterrábanse ata varias persoas, sen distinción de sexo ou idade. |
OUTROS DATOS: | Pararemos a tomar o café e mercar o pan quen queira en Noia |