Última actualización |
26/02/2023 |
A Serra do Xurés forma parte do Parque Natural Baixa Limia – Serra do Xurés, ao sur da provincia de Ourense. Comprende as partes altas dos municipios de Lobios, Entrimo e Muiños. É limítrofe co Parque Nacional Serras de Peneda-Gerês en Portugal. Áreas que souberon entenderse, máis aló de fronteiras políticas, para constituír o único parque transfronteirizo existente en Europa, un espazo unido pola súa cultura e por unha natureza común.
As “corgas” son correntes de auga que baixan dos montes. Na Baixa Limia “corga” é un termo moi utilizado, sendo numerosos os exemplos de regatos que caen polas paredes graníticas da serra de O Xurés.
O Fecha é un pequeno arroio afluente do río Caldo. Fecha significa “arroio” polo que Corga da Fecha vén designar algo así como “curso de auga do arroio”. Á súa vez recibe augas doutras corgas como Carballón, Curro ou Revolta. Esta confluencia de augas de montaña ten singularidade estacional, sendo o inverno e a primavera o momento de maior espectacularidade polo aumento de caudal.O Fecha é ben coñecido como espectacular descenso para barranquistas de toda a comunidade. É visitado sobre todo no vran.
A Corga da Fecha é rechamante. Máis de douscentos metros de desnivel convértena nunha das principais caídas de auga de Galicia. Diversos chanzos na roca van deixando caer a auga cara ao seguinte nivel nunha sucesión de fervenzas encadeadas que conflúen en pozas intermedias de gran beleza, nun entorno fortemente granítico. Algunhas das pozas son accesibles a pé dende a parte inferior do río, onde se une co Río Caldo.
Aloxarémonos en Lobios, no Hotel Lusitano (Estrada de Portugal, 47. 32870 Lobios, Ourense). Durmiremos en habitacións dobres con baño en réxime de media pensión con pícnic o domingo. Pararemos a mercar o necesario en ruta para o xantar do primeiro día que corre por conta de cada un.
Lembrámosvos que o número de prazas, coma sempre, é limitado e estableceuse en 40 persoas. Por favor, levade coidado á hora de facer os ingresos para evitar despois problemas na adxudicación de prazas que, como xa imaxinades, farase por estrita orde de recepción do ingreso. O prezo será de 100€ para os socios, 125€ para os non socios federados e 150€ para os non socios non federados, que se aboarán do seguinte xeito:
Os 50 € restantes, pagaránse no autobús. Para apuntarse, antes do 16 de Marzo. O ingreso pode empezar a facelo todo o mundo a partir deste intre e os socios non terán preferencia ata o 10 de Marzo na asignación de prazas.
A saída farémola na mañá do sábado 25 de marzo e os lugares e horarios de parada do bus, son os seguintes:
|
25/03/2023 1º DIA (SAB) | CHEGADA SOBRE AS 11:00 | |
26/03/2023 2º DIA (DOM) | ALMORZO ÁS 08:00 | |
Esta ruta circular de case 23 km de lonxitude que non faremos completa, discorre entre repoboaciones de Piñeiro silvestre e masas de caducifolios autóctonos permitíndonos desfrutar de boas vistas panorámicas do val do rio Limia e a Serra do Xures. Trátase dunha ruta de pendentes suaves que percorre pistas forestais anchas e con bo firme, case sempre baixo arborado, o que fai moi adecuada para realizala en bicicleta.
A rua parte das inmediaciones do área de lecer do alto do Vieiro, onde atoparemos unha fonte de auga potable. A poucos metros do seu comezo abandona a estrada e lévanos ata o leito da Corga das Velas, por onde ascende durante un breve treito. Este primeiro tramo é compartido na ida e na volta da ruta, bifurcase ao chegar a zona arborada. Se collemos a esquerda ao chegar a bifurcación atoparemos a Lagoa Grande. Tras bordear un pequeño Outeiro a ruta toma dirección sur, onde hai varias mámoas e unha fonte.
Continuaremos pola ladeira da montaña por unha pista de terra e teremos vistas panorámicas de parte da Baixa Limia, do val do rio Limia, do encoro das Conchas e da Serra do Xurés co seus característicos picos das Gralleiras e de unha plantación de Piñeiro silvestre, alternándose con algúns claros que nos permiten ver a paisaxe lindeira ata chegar ao Outeiro de Lermes.
|
O primeiro tramo desta ruta coincide co CAMIÑO NATURAL DA VIA NOVA. Discorre por un ancho camiño de terra entre árbores, que nos leva as ruinas da mansión romana AQUIS ORIGINIS. O camiño prosegue cómodamente polo bosque, seguindo o trazado do Camiño Natural , por onde pasaban as lexións romanas.
Cando levamos 2 km, cruzamos o regato Fecha, afluínte do río Caldo, e emprendemos unha paulatina subida ata a CORGA DA FECHA. Pronto nos encontramos uns dos saltos inferiores. A partires de entón, o sendeiro empinase para salvar o abrupto desnivel do terreo rochoso. Ao ir subindo, presentanos a vista da fervenza en toda a sua dimensión. Despeñase dende gran altura en varios saltos de auga encadeados. Alcanzamos un punto alto a casi 800 m de altura e entón descendemos ata a outra cara, levando enfrente as cumes do Xurés que limitan con Portugal.
O noso seguinte obxetivo será a CABANIÑA DO CURRO, agora por un camiño de terra ancho e cómodo. Proseguimos por un pinar. Temos que cruzar un regato polas pedras do seu cauce e proseguimos ente pinos. Avanzamos ao lado do regato que continuamente forma pequenos saltos e pozas entre as rochas do seu cauce en lixeira subida. Apreciamos a configuración rochosa da serra e ao lonxe divisamos a Serrra de Queguas, etc. Incluso distinguimos a característica silueta de Pena Anamán. Por unha pista de terra a esquerda, a desviación levanos pola VIA NOVA, ata o fin da ruta.
|