« Voltar

Fervenzas Do Casón e Pozo Do Inferno


Fervenzas do Cason.pdf (349 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Ortigueira
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 28 de Outubro de 2023
PREPARADA POR: Fran
PREZO DA ACTIVIDADE: 15€ para os socios, 17€ para os non socios federados e 20€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 26 de Outubro de 2023, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Dende O Burgo collemos a AP-9 dirección Ferrol. Saímos en Neda (31F), seguiremos pola AC-115, e logo pola AC-862 ata chegar a Lugar de Feás

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Circular, camiños rurais, sendeiros e un pouco de estrada.
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 6 horas
DISTANCIA LINEAL: 21 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxístico e etnográfico
RECOMENDACIÓNS: Calzado axeitado, botas neste caso e atentos por se chove, a roupa de auga.
BREVE DESCRICIÓN: A ruta do Casón e un itineriario circular de uns 21 km e dificultade moderada, que discorre pola parroquia de Santo Adrao deVeiga, partindo do Lugar de Casón. Algún tramo do itinerario é compartido ca ruta Camiño de Mera e co camiño de peregrinaxea Santo André de Teixido, A ruta ascende próxima ao regato do Casón. O seu percorrido bordea o monte Casón, antiga torre vixía altomedieval.
OUTROS DATOS: Pararemos a tomar o café e mercar o pan quen queira en Moeche
« Voltar