« Voltar

Val de Vimianzo


Val de Vimianzo.pdf (361 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Vimianzo
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 16 de Marzo de 2024
PREPARADA POR: Eugenia e Juanjo
PREZO DA ACTIVIDADE: 20€ para os socios, 22€ para os non socios federados e 25€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 14 de Marzo de 2024, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Tras abandoar a Terceira Ronda en Arteixo collemos a AG-55 ata a saída coa AC-552 dirección Vimianzo.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Lineal, camiños rurais, sendeiros e u pouco de estrada.
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 5 horas
DISTANCIA LINEAL: 14 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxístico e etnográfico.
RECOMENDACIÓNS: Coma sempre calzado axeitado, botas neste caso e atentos por se chove, a roupa de auga.
BREVE DESCRICIÓN: Nesta saída imos facer un percorrido polo oeste do val de Vimianzo camiñando de norte a sur, aproveitando para coñecer a estrutura da poboación tradicional do val, pasando por algún dos seus núcleos e descubrindo a variedade dos seus recursos e o rico patrimonio etnográfico, histórico artístico, natural e paisaxístico. O roteiro, de aproximadamente 14 quilómetros, é moi variado e atractivo, mesturando tramos urbanos, de monte e de río.
OUTROS DATOS: Pararemos a tomar o café e mercar o pan quen queira en Vimianzo.
« Voltar