« Voltar

Parque Natural de Urkiola

Última actualización
25/03/2024
Parque Natural Urkiola.pdf (529 Kb)

INFORMACIÓN DA ZONA

O Parque Natural de Urkiola agrupa os terreos de maior altitude da Serra de Aramotz, constituíndo unha grande barreira calcaria entre as comarcas biscaíñas de Arratia, o Duranguesado e o val arabés de Aramaio, e separando as concas cantábrica e mediterránea. Se che gustan as paisaxes abruptas, éste é o teu.

O Parque inclúe unha serie de serras e penas calcarias, barrancos e vales profundos, con cumes que fomentaron unha grande afición ao montañismo e ao sendeirismo. É moi frecuentado Anboto, o seu cume máis alto, coa cova de Mari como referente mitológico.

O parque natural toma o seu nome do Santuario de Urkiola, edificado na honra a San Antonio Abad e San Antonio de Padua. Diante do Santuario encontrarás unha simbólica pedra que é lugar de peregrinación para quenes desexan encontrar parella en breve tempo. Segundo a lenda tan só fan falla tres votas á pedra para logralo.



ALOXAMENTO E PREZOS

Aloxarémonos no Hotel San Blas en Durango, e durmiremos en habitacións dobres, triples ou de matrimonio con baño en réxime de media pensión con picnic. Faremos as necesarias paradas ao longo da viaxe por necesidades de descanso do conductor.

Lembrámosvos que o número de prazas, coma sempre, é limitado e estableceuse en 35 persoas. Por favor, levade coidado á hora de facer os ingresos para evitar despois problemas na adxudicación de prazas que, como xa imaxinades, farase por estrita orde de recepción do ingreso. O prezo vai variar en función das persoas que asistan, según o seguinte cadro:

SOCIOSSOCIOS FEDERADOS NOUTRO CLUBNON SOCIOS
De 10 A 19 persoas625,00 €650,00 €675,00 €
De 20 A 29 persoas430,00 €450,00 €475,00 €
30 o máis persoas350,00 €375,00 €400,00 €


Daremos a oportunidade de facer varios ingresos ao longo destes meses, de forma que se aboarán do seguinte xeito:

  • Socios: un ingreso en conta de 200 € a partires da publicación na web da información, un segundo prazo según afluencia a partires do 15 de abril que avisarase con tempo.
  • Non socios con licencia federativa en vigor: un ingreso en conta de 200 € a partires da publicación na web da información. O segundo prazo avisarase con tempo. As datas de pago son as mesmas que para os socios.
  • Non socios sen licencia federativa: un ingreso en conta de 200 € a partires da publicación na web da información. O segundo prazo avisarase con tempo. As datas de pago son as mesmas que para os socios.

A data límite para apuntarse queda fixada antes do 8 de Maio. O prazo restante pagarase no autobús. O ingreso pode empezar a facelo todo o mundo a partir deste intre aínda que os socios que formalicen o pago antes do 22 de Abril terán preferencia na asignación de prazas.


A saída farémola o xoves 16 de Maio e os lugares e horarios de parada do bus, son os seguintes:

LUGAR HORA
O Ventorrillo 05:55 h
Fogar de Santa Margarita 06:00 h
San Pedro de Mezonzo 06:05 h
Parada bus Gaiteira (en fronte Citroën) 06:10 h
Parada bus Os Castros (en fronte Igrexa do Carme) 06:15 h
O Burgo (en fronte Servizos Múltiples) 06:30 h

PROGRAMA PREVISTO DE ACTIVIDADES

16/05/2024

1º día (xoves)

 

Chegada sobre ás 13:00
Saída para a ruta ás 13:15
Ruta: ANTSOTEGI-KALAMUA-VISITA A QUESERÍA-ANTSOTEGI
Chegada ao hotel sobre ás 19:30
Cea ás 21:00

17/05/2024

2º día (venres)

 

Almorzo a partir das 08:00
Saída para a ruta ás 09:00
Ruta: UNTZILLAITZ-URKIOLA
Chegada ao hotel sobre ás 20:00
Cea ás 21:00

18/05/2024

3º día (sábado)

 

Almorzo a partir das 08:00
Saída para a ruta ás 09:00
Ruta: AIZKORRI-ARANTZAZU-OÑATI
Chegada ao hotel sobre ás 20:00
Cea ás 21:00

19/05/2024

4º día (domingo)

 

Almorzo a partir das 08:00
Saída para a ruta ás 09:00
Ruta: SAN JUAN DE GAZTELUGATXE-COSTA VIZCAÍNA
Saída para A Coruña
Cea ás 21:00


Para máis información sobre os roteiros podedes consultar o pdf.


« Voltar