TIPO DE SENLLA: | Circular, camiños rurais, sendeiros e u pouco de estrada. |
DIFICULTADE: | Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta |
DURACIÓN: | 6 horas |
DISTANCIA LINEAL: | 17 Km. |
INTERESE DA RUTA: | Paisaxístico e etnográfico |
RECOMENDACIÓNS: | Coma sempre calzado axeitado, botas neste caso e atentos por se chove, a roupa de auga e os bastóns serían aconsellables. |
BREVE DESCRICIÓN: | O río Xabriña, afluente do Tea, convírtese no verdadeiro protagonista desta ruta circular que parte da parroquia de Paraños e que visita outros lugares como Prado de Canda e A Lamosa.
Ademais da exquisita vexetación que presenta na suas beiras, ao longo do camiño pódese desfrutar dunha extraordinaria riqueza etnográfica e cultural xa que durante toda a ruta encontramónos con elementos de gran valor e bo estado de conservación como a Igrexa parroquial de Paraños, varias cererías antigas coma o “Lagar da Cera”en Portocortiñas, case trinta muiños ao longo do río, camiños tradicionais, fontes, pasos de auga e pontes coma o de “Ponte Folón”.
E aquí estaremos o 25-05-2024. |
OUTROS DATOS: | Pararemos a tomar o café e mercar o pan quen queira en Ponteareas. |