TIPO DE SENLLA: | Circular, camiños rurais, sendeiros, camiños pouco transitados e un chisquiño de estrada. |
DIFICULTADE: | Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta |
DURACIÓN: | 2 horas |
DISTANCIA LINEAL: | 8 Km. |
INTERESE DA RUTA: | Paisaxístico, etnográfico, cultural e gastronómico. |
RECOMENDACIÓNS: | Coma sempre calzado axeitado, botas neste caso e atentos por se chove, a roupa de auga. |
BREVE DESCRICIÓN: | Faremos unha ruta de curta duración percorrendo o Río Tinto, seguido dunha visita ao Pazo de Faramello. Esta é a parte cultural do
día: edificio barroco do s. XVIII rodeado duns extensos xardíns nos que
se integra a auga en diversas formas: fontes, estanques, pozos... Continuamos coa tradicional comida de final de curso. Nesta ocasión
iremos ao Restaurante San Martiño, onde desfrutaremos dunha
parrillada de carne. E remataremos o día cun paseo por libre en Padrón, onde poderemos
visitar a Feira Medieval, a casa museo de Rosalía ou o Pedrón, onde
día a lenda que amarrou a barca que traía os restos do Apóstolo
Santiago dende Palestina. |
OUTROS DATOS: | NON PARAREMOS A TOMAR CAFÉ. A ENTRADA AO PAZO DE FARAMELLO PÁGASE EN EFECTIVO NO AUTOBÚS 10 EUROS. |