« Voltar

Cadarnoxo e fervenzas de Boiro


Fervenzas de Boiro.pdf (1.361 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Boiro, comarca do Barbanza
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 26 de Outubro de 2024
PREPARADA POR: Fran
PREZO DA ACTIVIDADE: 20€ para os socios, 22€ para os non socios federados e 25€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 24 de Outubro de 2024, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: AP-9 ata a saida 75 onde continuaremos pola AG56 e a CG-1.5 para rematar na AC-549 en na rotonda dirección Noia a AC-550. Unha vez alí saíndo de Noia pola DP- 1105 estrada Boiro-Noia a altura de Moimenta desviarémonos a dereita para no segundo cruce xirar a esquerda ata Cadarnoxo.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Lineal, camiños rurais, sendeiros e u pouco de estrada.
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 6 horas
DISTANCIA LINEAL: 19 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxístico e etnográfico
RECOMENDACIÓNS: Coma sempre calzado axeitado, botas neste caso e atentos por se chove, a roupa de auga e os bastóns serían aconsellables.
BREVE DESCRICIÓN: Cadarnoxo en unha das Fervenzas máis famosas e espectaculares pola sua altitude de Boiro e a segunda de Galicia, pero dentro dunha ruta de apenas 20 km Boiro conta nos seus pobos pola que discorre a andaina de cerca de sete fervenzas cada unha maís espectacular que a anterior, exemplos coma a de Teaños, chamada tamén Rego das Fervenzas ou A Fervensa polos habitantes do arredor. Fervenza do Pozo Branco ou Rego das Salgueiriñas, Rego de Fonte San Pas ou Acevedro dentro da ruta de castelo de Vitres que recorreremos parte del.
OUTROS DATOS: Pararemos a tomar o café e mercar o pan quen queira en Noia.
« Voltar