« Voltar

Valle de Liébana

Última actualización
22/08/2024
Valle de Liebana.pdf (720 Kb)

INFORMACIÓN DA ZONA

Liébana constitúe a mellor representación da biodiversidade e a conservación da Natureza de Cantabria. No en balde, este territorio permite descubrir un prodixioso compendio de prácticamente tódolos habitats peninsulares nunha comarca perfectamente definida xeográficamente.

É un espazo dunha natureza exuberante marcada por unha xeomorfoloxía espectacular e pola influencia humana tradicional no territorio. As altas cumes montañosas, fondos do val, bosques e pastizais de alta montaña cantábrica albergan as principais poblacions de macro vertebrados da rexión.

Ademais do coñecido Parque Nacional Picos de Europa, esta comarca posee tanto amplias Zonas de Especial Conservación (ZEC) incluidas na rede ecolóxica de protección europea Red Natura 2000.



ALOXAMENTO E PREZOS

Aloxarémonos no Hotel Infantado en Ojedo, e durmiremos en habitacións dobres con baño en réxime de media pensión con picnic. Faremos as necesarias paradas ao longo da viaxe por necesidades de descanso do conductor.

Lembrámosvos que o número de prazas, coma sempre, é limitado e estableceuse en 36 persoas. Por favor, levade coidado á hora de facer os ingresos para evitar despois problemas na adxudicación de prazas que, como xa imaxinades, farase por estrita orde de recepción do ingreso. O prezo vai variar en función das persoas que asistan, según o cadro que aparece abaixo:

SOCIOSNON SOCIOS FEDERADOSNON SOCIOS
De 10 A 19 persoas800,00 €820,00 €840,00 €
De 20 A 29 persoas650,00 €670,00 €690,00 €
30 o máis persoas575,00 €595,00 €615,00 €


Daremos a oportunidade de facer varios ingresos ao longo destes meses, de forma que se aboarán do seguinte xeito:

  • Socios: un ingreso en conta de 200 € a partires da publicación na web da información. Un segundo prazo según afluencia a partires do 1 de setembro que avisarase con tempo.
  • Non socios con licencia federativa en vigor: un ingreso en conta de 200 € a partires da publicación na web da información. O segundo prazo avisarase con tempo. As datas de pago son as mesmas que para os socios.
  • Non socios sen licencia federativa: un ingreso en conta de 200 € a partires da publicación na web da información. O segundo prazo avisarase con tempo. As datas de pago son as mesmas que para os socios.

A data límite para apuntarse queda fixada antes do 30 de setembro. O prazo restante pagarase no autobús. O ingreso pode empezar a facelo todo o mundo a partir deste intre.


A saída farémola o luns 7 de outubro e os lugares e horarios de parada do bus, son os seguintes:

LUGAR HORA
O Ventorrillo 06:55 h
Fogar de Santa Margarita 07:00 h
San Pedro de Mezonzo 07:05 h
Parada bus Gaiteira (en fronte Citroën) 07:10 h
Parada bus Os Castros (en fronte Igrexa do Carme) 07:15 h
O Burgo (en fronte Servizos Múltiples) 07:30 h

PROGRAMA PREVISTO DE ACTIVIDADES

07/10/2024

1º día (luns)

 

VALLE DE CALOCA
3 horas 30’ / 8 km / MEDIA

08/10/2024

2º día (martes)

 

PICO BISTRUEY
6 horas / 13 km / ALTA

09/10/2024

3º día (mércores)

 

BRAÑA DE LOS TEJOS (SAJA NARSA)
7 horas / 19 km / ALTA

10/10/2024

4º día (xoves)

 

CASCADAS DE RETUMBA
5 horas / 10,5 km / MEDIA

11/10/2024

5º día (venres)

 

COLLADO DE CIEMPASTORES
6 horas 30’ / 14 km / ALTA

12/10/2024

6º día (sábado)

 

PICO AGERO
6 horas / 10 km / ALTA

13/10/2024

7º día (domingo)

 

VISITA BODEGA DE VINO Y ORUJO CON DEGUSTACIÓN
Regreso a Coruña

« Voltar