« Voltar

Miradoiros de Ponteceso


Miradoiros de Ponteceso.pdf (1.082 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Comarca de Bergantiños
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 25 de Xaneiro de 2025
PREPARADA POR: Eugenia e Juanjo
PREZO DA ACTIVIDADE: 20€ para os socios, 22€ para os non socios federados e 25€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 23 de Xaneiro de 2025, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Dende O Burgo tomamos a A6 para seguidamente seguir pola AG55 e na saída 33 tomar a AC418 e en Buño seguir pola AC419 ata Ponteceso.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Lineal, camiños rurais, sendeiros e u pouco de estrada.
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 5 horas
DISTANCIA LINEAL: 15 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxístico e etnográfico
RECOMENDACIÓNS: Coma sempre calzado axeitado, botas neste caso e atentos por se chove, a roupa de auga e os bastóns serían aconsellables.
BREVE DESCRICIÓN: Comenzamos o ano cunha saída non moi lonxe e dentro da provincia da Coruña. Nos dirixiremos ata Ponteceso. Alí empezará o noso roteiro. Unha ruta que pode ser moi coñecida pero que variaremos para facela mais atractiva e diferente. Mediante a mextura de dous PRG e incluso collendo parte da ruta dos faros, intentaremos ver doutra maneira unha das zonas mais espectaculares da comarca de Bergantiños, co seu fabuloso esteiro do río Anllóns e os seus miradoiros naturais coma o de Monte Branco.
OUTROS DATOS: Pararemos a tomar o café e mercar o pan quen queira en Ponteceso.
« Voltar