« Voltar

Ermida de Chamorro e cocido


Ermida de Chamorro e cocido.pdf (1.202 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Comarca de Ferrol
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 22 de Febreiro de 2025
PREPARADA POR: Fran
PREZO DA ACTIVIDADE: 50€ para os socios, 55€ para os non socios federados e 60€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 20 de Febreiro de 2025, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: Dende O Burgo AP-9, na saída 34F pasamos a FE-12 para continuar pola N-655 e tomar a saída DP-3611 ata Esmelle/DP- 3603/Covas/Serantes e xirar a esquerda ata DP-3606 e atopar o aparcadoiro.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Lineal, camiños rurais, sendeiros e u pouco de estrada.
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 4 horas
DISTANCIA LINEAL: 12 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxístico e etnográfico
RECOMENDACIÓNS: Coma sempre calzado axeitado, botas neste caso e atentos por se chove, a roupa de auga.
BREVE DESCRICIÓN: Coma tódolos anos por estas datas facemos unha pequena ruta antes do cocido tradicional do antroido. Este ano toca a comarca de Ferrol. Pero antes de ir a comer visitaremos un miradoiro, o do Pedrouzo, antigo bunker militar e remataremos na ermida de Chamorro.
OUTROS DATOS: Pararemos a tomar o café quen queira preto da praia de San Xurxo (Covas).
« Voltar