Última actualización |
23/02/2025 |
Cidade histórica
O Conxunto Histórico de Tui é o segundo en importancia de Galicia, tras Santiago de Compostela. Tui foi capital dunha das antigas sete provincias do Reino de Galicia e o seu conxunto histórico-artístico é un bo exemplo de urbe medieval cun estado de conservación que o converten nun dos mellores do territorio galego. A comunidade xudía deixou unha pegada profunda na cidade.
As vellas rúas forman unha rede desde as orientacións do río Miño que vai subindo cara a catedral fortaleza, o que lle confire á cidade un singular perfil, recoñecible desde a distancia. A imaxe da vella ponte internacional que a une con Valença, o río aos pés da cidade e a catedral no alto da colina, é xa unha icona repetida en millares de fotografías espalladas polo mundo e tomadas polos peregrinos que entran a Galicia polo Camiño Portugués a Santiago.
A carón de Tui temos o Monte Aloia, que foi o primeiro parque natural de Galicia (04/10/1978). O Aloia posúe uns fantásticos miradoiros orientados cara a distintos lugares que permiten desfrutar de vistas do Baixo Miño, do Val Miñor, da Louriña ou mesmo das illas Cíes, se a néboa o permite.
A natureza é xenerosa neste monte. As distintas repoboacións de especies forestais, permiten desfrutar dun frondoso bosque que reúne árbores singulares nos montes galegos.
Polos seus camiños e sendeiros faremos a primeira ruta desta fin de semana.
O domingo desprazarémonos ata o concello de O Porriño, concretamente ata a parroquia de Santo Estevo de Cans, famosa polo festival de curtametraxes e os seus chimpíns de transporte.
Dende alí subiremos ata o Castelo de Cans ou Penedo do Pianista, pasaremos polo chamado Faro do Monte Budiño e remataremos no Concello de Salceda de Caselas.
Aloxarémonos no Hotel Colón en Tui, e durmiremos en habitacións dobres ou matrimonio con baño en réxime de aloxamento e almorzo. A cea realizarase no Restaurante El Molino. As comidas de ambos días non están incluídas. Poderase mercar en Tui o necesario.
Lembrámosvos que o número de prazas, coma sempre, é limitado e estableceuse en 40 persoas. Por favor, levade coidado á hora de facer os ingresos para evitar despois problemas na adxudicación de prazas que, como xa imaxinades, farase por estrita orde de recepción do ingreso. O prezo é segundo o cadro que aparece abaixo:
SOCIOS | NON SOCIOS FEDERADOS | NON FEDERADOS |
150 € | 175 € | 200 € |
O pago será en 2 etapas:
A data límite para apuntarse queda fixada antes do 14 de Marzo.
A saída farémola o Sábado 22 de Marzo e os lugares e horarios de parada do bus, son os seguintes:
|
22/03/2025 1º día (Sábado) |
CHEGADA A TUI SOBRE AS 9:45H SAÍDA PARA A RUTA ÁS 10:30H Ruta: MONTE ALOIA CHEGADA AO HOTEL ÁS 20:00H CEA ÁS 21:00H |
|
23/03/2025 2º día (Domingo) |
ALMORZO ÁS 8:00H SAÍDA PARA A RUTA ÁS 9:00H Ruta: CANS-SALCEDA DE CASELAS VISITA TURÍSTICA PROGRAMADA ÁS 17:00H SAÍDA PARA CORUÑA 18:30H CHEGADA A O BURGO SOBRE AS 21:00H |