« Voltar

Serra do Cando (A Lama, Pontevedra)


Serra do Cando.pdf (996 Kb)
SITUACIÓN XEOGRÁFICA: Concello de A Lama
DATA DA ACTIVIDADE: Sábado, 26 de Abril de 2025
PREPARADA POR: Fran
PREZO DA ACTIVIDADE: 20€ para os socios, 22€ para os non socios federados e 25€ para os non socios non federados. Inclúe desprazamento en autobús e seguro de actividade
DATA TOPE PARA APUNTARSE: Xoves, 24 de Abril de 2025, antes das 15 horas
COMO CHEGAR: AP-9 ata a saída 132B, seguindo pola PO-10 e continuando pola PO-542. En A Ermida tomaremos a PO-532 ata Pontecaldelas onde seguiremos pola PO-234, a dereita no cruce a PO-235 para seguir despois pola CP-0306 ata O Pelete.

DATOS TÉCNICOS:

TIPO DE SENLLA: Lineal, camiños rurais, sendeiros e u pouco de estrada.
DIFICULTADE: Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta
DURACIÓN: 5 horas
DISTANCIA LINEAL: 17 Km.
INTERESE DA RUTA: Paisaxístico e etnográfico
RECOMENDACIÓNS: Coma sempre calzado axeitado, botas neste caso e atentos por se chove, a roupa de auga.
BREVE DESCRICIÓN: Maxia, natureza e tradición únense nesta espectacular ruta que nos levará dende a aldea de O Pelete (A Lama) ata a mesma cume do monte de O Seixo, en pleno corazón da Serra do Cando, un espacio natural incluido dentro da Red Natura 2000 y catalogado como LIC (Lugar de interés comunitario). Coñeceremos lugares máxicos coma a Porta do Alén, o Marco do Vento, a Cruz do Seixo, a Capela de Santa Mariña, o Carballo de O Pelete con máis de 500 anos e poderemos desfrutar de espectaculares vistas se o bo tempo nos acompaña, así coma das tres rías dende o miradoiro do mesmo nome, o Miradoiro das tres rías.
OUTROS DATOS: Pararemos a tomar o café e mercar o pan en Pontecaldelas.
« Voltar