« Voltar

Fin de semana en Terra de Caldelas (Ourense)

Última actualización
11/05/2025
Castro Caldelas.pdf (921 Kb)

INFORMACIÓN DA ZONA

O municipio ourensán de Castro Caldelas, no corazón da Ribeira Sacra, foi incluido no restrinxido e selecto club da Asociación dos pobos máis bonitos de España. Esta asociación, que acolleu en 2017 a 57 pobos españois, durante a sua V asamblea aprobóu a incorporación de outros once pobos. Entre estos figuran dous galegos, Castro Caldelas, na provincia de Ourense, e a localidad lucense de Mondoñedo e posteriormente Pontemaceira.

Ter menos de 15.000 habitantes e un patrimonio arquitectónico ou natural certificado, son só alguns dos requisitos que hai que cumprir para formar parte desta selección. E, por suposto, Castro Caldelas ten un entorno natural único e un patrimonio histórico e arquitectónico inigualable. As características urbanísticas, o seu castelo, o seu barrio antigo, as galerías, as rúas empedradas son outras das características que provocaron que Castro Caldelas superara con creces os requisitos establecidos na "Carta de Calidad" da Asociación, o que Castro Caldelas superóu con creces.



ALOXAMENTO E PREZOS

Aloxarémonos no Hotel Paladium en Vilamartin de Valdeorras, e durmiremos en habitacións dobres ou matrimonio con baño en réxime de media pensión con picnic. Faremos unha parada en Monforte de Lemos para tomar o café ou mercar o pan.

Lembrámosvos que o número de prazas, coma sempre, é limitado e estableceuse en 35 persoas. Por favor, levade coidado á hora de facer os ingresos para evitar despois problemas na adxudicación de prazas que, como xa imaxinades, farase por estrita orde de recepción do ingreso. O prezo é segundo o cadro que aparece abaixo:

SOCIOSNON SOCIOS FEDERADOSNON SOCIOS
De 10 A 19 persoas140,00 €165,00 €190,00 €
De 20 A 29 persoas120,00 €145,00 €170,00 €
30 o máis persoas100,00 €125,00 €150,00 €


O pago será en 2 prazos:

  • Ingreso de 50 euros como reserva de praza dende o momento da comunicación.
  • Pago do importe restante no autobús.


A data límite para apuntarse queda fixada antes do 21 de Maio.


A saída farémola o Sábado 24 de Maio e os lugares e horarios de parada do bus son os seguintes:

LUGAR HORA
O Ventorrillo (en fronte ambulatorio) 06:25 h
Os Rosales (Green Street) 06:35 h
Ronda de Nelle, 145 (en fronte Cambalache) 06:40 h
San Pedro de Mezonzo 06:45 h
Parada bus Os Castros (en fronte Igrexa do Carme) 06:50 h
O Burgo (en fronte Servizos Múltiples) 07:00 h


PROGRAMA PREVISTO DE ACTIVIDADES

24/05/2025

1º DIA (SAB)

 

CHEGADA E SAÍDA PARA A RUTA SOBRE AS 10:30

Ruta: PRG-177 CANÓN DO RÍO MAO

CHEGADA AO HOTEL ÁS 19:30 (Hora aproximada)

CEA ÁS 21:00H

25/05/2025

2º DIA (DOM)

 

ALMORZO A PARTIR DAS 08:00

SAÍDA PARA A RUTA ÁS 09:00

Ruta: PRG-237 RUTA CIRCULAR DE CASTRO CALDELAS A MATACÁS

SAÍDA PARA A CORUÑA UNHA VEZ REMATADA A RUTA


« Voltar