TIPO DE SENLLA: | Lineal, camiños rurais, sendeiros e u pouco de estrada. |
DIFICULTADE: | Baixa — Baixa-Media — Media — Media-Alta — Alta |
DURACIÓN: | 5 horas |
DISTANCIA LINEAL: | 19 Km. |
INTERESE DA RUTA: | Paisaxístico e etnográfico |
RECOMENDACIÓNS: | Coma sempre calzado axeitado, botas neste caso e atentos
por se chove, a roupa de auga e os bastóns serían
aconsellables. |
BREVE DESCRICIÓN: | A Costa da morte é unha rexión costeira no noroeste da provincia
de A Coruña que abarca dende Cabo Roncudo ata Cabo Finisterre.
A costa está salpicada de belas paisaxes coma as praias do Trece,
Reira o Ariño (Camariñas), Laxe, Traba e Soesto (Laxe), Mar de
Fora e O Rostro (Finisterre), os penedos de Pasarela e Traba, a
costa de cabo Vilán e a costa que une Camelle con Traba.
Neste costa dende hai uns anos destaca tamén unha iniciativa
medioambiental e cultural que é o Camiño dos Faros.
O club de montaña O Carroucho nos seus inicios, coma uns 25
anos. xa tivera a idea de unir A Coruña ata Finisterre todo pola
costa e asi se fixo como pode demostrar a hemeroteca do club.
Tratando de recordar en parte esta efemeridade usamos o
sendeiro dos faros que une neste caso Camelle con Cabo Vilán,
eso si sin subir a Monte Branco e rodeando A Pedrosa por un
camiño cementado que suxire que nun futuro próximo pode chegar
a asfaltarse, este camiño non estaba tan urbanizado coma aparece
agora, pero asi é e non podemos cambialo. Salva esta última parte
as imaxes excepcionais de Cabo Vilán. |
OUTROS DATOS: | Pararemos a tomar o café e mercar o pan en Vimianzo. |